martes, 31 de enero de 2023

lunes, 30 de enero de 2023

DÍA 7: SAÚDE E BENESTAR EN 21 DÍAS CO GALEGO E +

 Arrincamos a semana indo ata Ribadeo onde o alumnado do CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús nos vai falar do obxectivo número 3 dos ODS, saúde e benestar.


viernes, 27 de enero de 2023

DÍA MUNDIAL DA RADIO. PONTE NAS ONDAS

 


  O luns 13 de febreiro conmemórase o Día Mundial da Radio.  PONTE...NAS ONDAS! queremos convidarvos a sumarvos á celebración do DÍA MUNDIAL DA RADIO. Estaremos realizando programas en directo desde: 

 * FACULTADE de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela(Campus Universidade de Santiago de Compostela). De 10.00hs. a 13.30hs. 

 * EDIFICIO MIRALLES (Campus Universidade de Vigo). De 10.00hs. a 13.00hs. 17.00hrs. 

 * Realización de programas de radio en directo por alumnado de centros educativos en: * RUM: Rádio Universitária do Minho. Braga 

* Rádio Afifense. Caminha 

* Radio Municipal de Tui 

* Radio Allariz 

* Radio Fene 

* Radio Burela 

* Radio As Nogais 

* Emisións en directo dende as radios dos centros educativos durante nos recreos 

* Emisión en streaming a través do portal ESCOLAS NAS ONDAS (www.escolasnasondas.com) das emisións de Vigo, Compostela e demais radios. 

* Emisión dos podcasts enviados polas escolas galegas e portuguesas elaborados polo alumnado específicamente para o Día Mundial da Radio a través do portal ESCOLAS NAS ONDAS (www.escolasnasondas.com). Agardamos a vosa participación e lembrade que centralizaremos todo desde o portal ESCOLAS NAS ONDAS (www.escolasnasondas.com)

21 DÍAS CO GALEGO E + DESDE ANDORRA

 Como dicían as Tanxugueiras... "non hai fronteiras", e iso o están a demostrar o alumnado e profesorado do CPI que están fóra do territorio nacional, concretamente en Andorra, participando nunha Semana Blanca na neve e promocionando e publicitando os "21 Días co Galego e +".



DÍA 4: AUGA LIMPA E SANEAMENTO EN 21 DÍAS CO GALEGO E +

E chegamos ao venres co alumnado do IES Plurilingüe Rafael Dieste da Coruña, que nos vai falar da auga limpa e do saneamento.

jueves, 26 de enero de 2023

EXCURSIÓN Á DOMUS

 













DÍA 3: PRODUCIÓN E CONSUMO RESONSABLE EN "21 DÍAS CO GALEGO E +"

 

O alumnado do CPI Virxe dos Remedios de Castro Caldelas protagoniza hoxe os 21 días co galego e + para nos falar de produción e consumo responsable:

CPI VIRXE DA CELA NO PROGRAMA RADIOFÓNICO "GALICIA POR DIANTE"


Unha profesora, un alumno e unha alumna do CPI Virxe da Cela (Monfero, A Coruña) son entrevistados no programa radiofónico "Galicia por diante" para falar da súa participación no proxecto "21 Días co Galego e +".

miércoles, 25 de enero de 2023

DÍA 2: DEREITO A UNHA EDUCACIÓN DE CALIDADE. 21 DÍAS CO GALEGO E +

Ao CPI Virxe da Cela tócalle protagonizar este segundo día do "21 Días con Galego" e o fai a través dunha interesante curtametraxe que convida a reflexionar sobre o Obxectivo do Desenvolvemento Sostible nº 4: Unha Educación de Calidade.

 

martes, 24 de enero de 2023

SISTEMATIZACIÓN CONCLUSIÓNS "DEREITOS DA INFANCIA : APRENDEN E PARTICIPAN DOS SEUS DEREITOS" 2022

En base ás opinións e propostas achegadas por todos os grupos de infancia que participamos nas actividades da comunidade Plataforma de Organizacións de Infancia Galicia, achegámosvos o documento no cal podedes atopalas. 

Este documento foi remitido ás persoas responsables das políticas de infancia en Galicia, a todos os grupos de participantes e amosado en RRSS, coa finalidade de crear unha cultura favorable á escoita dos nenos, nenas e adolescentes. 

Programa Observa_Acción: a mellora da práctica docente no CPI Plurilingüe Virxe da Cela


Un equipo de traballo do profesorado do centro está a participar na 1ª fase do programa Observa-Acción. A súa finalidade: a mellora da práctica docente.

Este programa esta deseñado para levarse a cabo durante  dous cursos académicos e consta de catro fases (dúas en cada ano lectivo):

1. Observa_Acción. Fase Intracentros (Comparte) entre docentes do mesmo centro educativo.

2. Observa_Acción. Fase Intercentros (Acolle) dirixida a equipos de docentes de varios centros de todo o ámbito da                 

3. Observa_Acción. Fase Estatal (Conecta)  colaboración entre diferentes comunidades autónomas adheridas ao plan

4. Observa_Acción. Fase Europea (Internacionaliza)   experiencia de Observa_Acción visitando un centro educativo dun dos países socios europeos.

Nesta primeira fase, a que se desenvolve neste segundo trimestre, o profesorado esta a realizar observacións entre parellas docentes no centro educativo. Son observacións holísticas – a nivel xeral- e observacións focalizadas.

Nas primeiras, as holísticas, cada parella docente realizar unha reunión ou práctica reflexiva antes de realizala para concretar:  

·         momento, o espazo e a situación na aula da persoa observadora.

·         papel, tanto da persoa observadora como da persoa observada.

·         Os aspectos a analizar (ambiente de aula, explicacións, metodoloxía, actividades, organización, …)

·         Os instrumentos a empregar durante a observación para a recollida de información.  

·         Despois, realizase unha nova reunión de análise para comentar aqueles aspectos observados para xerar unha retroalimentación positiva.

Despois, as observación serán focalizadas, seguindo a mesma secuencia que as holísticas, pero en esta ocasión consensuando aspectos concretos a observar.


CAFI






























Imaxe autoeditada polo equipo do programa: captura de pantalla da canle do CAFI onde contamos coas formacións do programa. comunidade autónoma de Galicia.

DÍA 1: 21 DÍAS CO GALEGO E +

 Martes 24 de xaneiro de 2023. Acto inauguración. A directora do CPI Plurilingüe Virxe da Cela, Mª del Camino Pereiro, da un discurso inaugural e realiza o acto simbólico de desatar a lazada.








 


   O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, participaron esta mañá no acto de apertura da quinta edición do programa 21 días co galego e + impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades co obxectivo de promover o uso da lingua galega entre a xente nova tanto fóra como dentro da contorna escolar.

    Nesta nova edición, que se desenvolverá en 12 centros galegos entre o 24 de xaneiro e o 13 de febreiro, participarán 4.564 persoas entre alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos, unha cifra que supera nun 20% a do ano pasado e que supón, ademais, a máxima participación nos cinco anos de traxectoria que suma esta iniciativa de dinamización lingüística. 

   Na sesión de apertura, que tivo lugar no IES Rafael Dieste da Coruña, centro participante da iniciativa, tamén interviñeron o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; o director do dito instituto, Mateo Torres, e a profesora e creadora da iniciativa, Pilar Ponte. Paralelamente, os restantes 11 centros adscritos realizaron cadanseu acto de apertura nas súas respectivas sedes.



lunes, 23 de enero de 2023

FALANDO POR UN MUNDO MELLOR EN "21 DÍAS CO GALEGO"

21 Días co Galego e +  é un programa que pretende aumentar e perfeccionar o emprego oral do galego e inducir á reflexión persoal sobre a relación que cada persoa ten coa lingua galega e co resto dos idiomas que coñece. Ao longo de 21 días, aquí ides atopar propostas diversas para vos achegardes ao galego e á súa cultura. 

A maioría dos contidos que se vos ofrecerán son realizados polo alumnado e o profesorado de cada un dos doce centros de ensino participantesque desde Caldas de Reis (por partida dobre), Castro Caldelas, A Coruña, Melide, Monfero, Nigrán, Ribadeo, Santiago de Compostela, Vilanova de Arousa e Viveiro vos falarán dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable) que serán o fío condutor desta edición que leva por título Falando por un mundo mellor. Ao longo das próximas xornadas, vós seredes as e os protagonistas dos 21 días co galego e + 2023.

Mañana martes 24 de xaneiro de 2023 dará inicio no CPI Plurilingüe Virxe da Cela o proxecto "21 Días co Galego". Este é o calendario: 



sábado, 21 de enero de 2023

CONCURSO DE RECITADO POÉTICO "ROSALÍA SEMPRE VIVA"

Achegamos información sobre o Concurso escolar de recitado de poesía Rosalía sempre viva. Este certame, que convoca a Casa-Museo Manuel María, está dirixido para o alummnado de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos de todos os centros educativos de Galiza. O prazo de preinscrición para os centros interesados en participaren na iniciativa remata o martes, 24 de xaneiro.

 

Rosalia Sempre Viva 23 by veracruces on Scribd

jueves, 19 de enero de 2023

21 DÍAS CO GALEGO E +. FALANDO PARA UN MUNDO MELLOR

 Comeza a conta atrás... 5, 4, 3, 2, 1 e despegaremos nesta fantástica aventura. O vindeiro 24 de xaneiro de 2023 dará comezo no noso centro o proxecto "21 Días co Galego". 


21 Días co Galego e + by veracruces on Scribd

martes, 17 de enero de 2023

II EDICIÓN MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN CINEDUCA

Durante o vindeiro mes de marzo do presente ano o Ateneo de Santiago levará a cabo a segunda edición da Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), que constará de seis proxeccións, dúas conferencias e mesas redondas e o PREMIO ATENEO CINEDUCA, dirixido aos centros de ensino de todos os niveis educativos (primaria, secundaria, universidade, formación profesional e escolas audiovisuais), procurando impulsar a creatividade, fomentar a expresión a través dos novos medios e dar a coñecer o traballo levado a cabo neste eido por ensinantes e alumnado.

As obras para a convocatoria desta segunda edición do PREMIO ATENEO CINEDUCA, que estará aberta ata o 17 de febreiro de 2023, deberán tratar unha temática relacionada con experiencias educativas, procesos de aprendizaxe, historia e memoria da educación ou metodoloxías de ensino. Cada centro poderá presentar as pezas que desexe, enviando un enlace privado ao enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal. Os traballos seleccionados polo xurado serán proxectados o día da clausura da Mostra, onde tamén se entregarán os premios, consistentes nun primeiro premio dotado de mil euros e un accésit de cincocentos, que os centros deberán destinar a equipamento audiovisual.

Díptico II Mostra Internacional CINEDUCA by veracruces on Scribd

Bases II Premio Ateneo Cineduca by veracruces on Scribd

XIV EDICIÓN CONCURSO NOVOS TALENTOS DE RELATOS CURTOS



Arrinca a décimo cuarta edición do concurso Novos Talentos de Relato Curto, organizado pola Fundación Cocacola. Capacidade creativa, imaxinación, diversidade, talento… Nas vosas aulas tedes os ingredientes necesarios para lle dar a benvida á 14.ª edición do Concurso de Novos Talentos, que abre o seu prazo de inscrición con máis novidades ca nunca.

A primeria destas novidades vai especialmente dirixida a vós, o profesorado, e é que estamos moi emocionados de poder contarvos que o Programa da Aula Dixital que este ano celebra a súa tercerira edición, terá un formato híbrido, e decir, unha cita á que podes asistir presencialmente, en Madrid, ou por streaming desde calquera punto do país. Para esta fundación é moi importante acompañarte na viaxe que emprendes cada curso cos teus alumnos e alumnas porque sabemos que a docencia é algo máis ca ensinar. Trátase de inspirar, de ser o seu aliado e de facer a todos eles partícipes do proceso creativo que implica a redacción dun relato, e por iso tamén abrimos a inscrición para participar no Escrito Colectivo. 

Con esta iniciativa, propoñemos potenciar o traballo en grupo desde a aula, de maneira que toda a clase redacte un escrito de máximo 300 palabras e de temática libre. É importante que sexa un texto literario, non unha redacción nin un ensaio.

A participación é totalmente voluntaria e pódense presentar dous escritos por centro. De entre todos os escritos recibidos, un Comité Literario fará a selección, así que pode ser que a túa clase sexa a premiada! Estamos impacientes por coñecer cales serán as seguintes historias que marcarán esta edición. Axúdasnos a descubrilas? 

Rexistra os teus estudantes aquíLIGAZÓN PÁXINA WEB DO CONCURSO

lunes, 16 de enero de 2023

O CPI VIRXE DA CELA PREMIADO NO CONCURSO I-COMERCIO






O podcast “Flowers Coruxou S.L”, realizado por catro alumnos/as de 3º da ESO do CPI Virxe da Cela (Monfero), resultou premiado no concurso I-Comercio: Idea o teu comercio!, unha iniciativa da Xunta de Galicia que busca achegar á mocidade ao comercio de proximidade e traballar nunha idea pioneir a innovadora que contribúa ao desenvolvemento da contorna e que sexa respectuosa co medio ambiente. 

O luns 16 de xaneiro de 2023 acudiron ao acto de entrega dos premios que tivo lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, acompañados polas súas profesoras de Ciencias Sociais e Educación Dixital, encargadas da supervisión da proposta. "Flowers Coruxou S.L." é unha idea de negocio floral no que se conxugan tradición e modernidade, presentada en formato radiofónico. 



LIGAZÓN Á NOTA DE PRENSA



domingo, 15 de enero de 2023

Obserrva_Acción: pautas para unha boa observación.

 Nesta primeira fase do programa Observa_Acción, a que se desenvolve neste segundo trimestre, o profesorado esta a realizar observacións entre parellas docentes no centro educativo. Son observacións holísticas – a nivel xeral- e observacións focalizadas.

Nas primeiras, as holísticas, cada parella docente realizar unha reunión ou práctica reflexiva antes de realizala para concretar:  

·         momento, o espazo e a situación na aula da persoa observadora.

·         papel, tanto da persoa observadora como da persoa observada.

·         Os aspectos a analizar (ambiente de aula, explicacións, metodoloxía, actividades, organización, …)

·         Os instrumentos a empregar durante a observación para a recollida de información.  

·         Despois, realizase unha nova reunión de análise para comentar aqueles aspectos observados para xerar unha retroalimentación positiva.

Despois, as observación serán focalizadas, seguindo a mesma secuencia que as holísticas, pero en esta ocasión consensuando aspectos concretos a observar.




                                                           Imaxe autoeditada polo equipo do programa.

martes, 10 de enero de 2023

CAPÍTULO DO DÍGOCHO EU NO CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA

 Facebook:



Instagram:


Twitter:

TikTok

https://www.tiktok.com/@digochoeu/video/7187003779273772293?is_from_webapp=1&sender_device=pc&web_id=7187101819990312453

Youtube