martes, 31 de octubre de 2023

ESPECTÁCULO DE MAXIA

Mago Martín. EI e EP. Galego e inglés. Ás 13 horas haberá un espectáculo, realizado polo ilusionista Martín Varela, para o alumnado das etapas de infantil e primaria no pavillón.

CELEBRAMOS O SAMAÍN

 Martes 31 outubro 2023.

Entrega de premios Concurso Decoración de Portas. Degustación de castañas cocidas.

Ás 15:30 todo alumnado comerá castañas para celebrar o Magosto e tamén se entregarán os diplomas polo concurso de decoración de portas do Samaín e pola participación na exposición de cabazas.

*Educación Infantil: cada curso levou un diploma por participar.

*Educación primaria

- 1ºporta gañadora EP.

- 2º porta máis famtasmagórica

- 3º porta máis aterradora

- 4º porta máis maléfica

- 5º porta máis orixinal

- 6 porta máis espeluznante

*ESO: 4º porta gañadora ESO.



















CONCURSO DE RELATO CURTO: HISTORIAS DE MEDO

Queridas familias: Invitámosvos a participar no terrorífico concurso de relato curto organizado polo EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) en colaboración coa Biblioteca Escolar Castelao con motivo do Samaín 2023. BASES: 
- Emprega a plantilla que figura no reverso deste folio 
-A historia ten que estar ambientada no Mosteiro de Monfero 
-Deben figurar datos do alumno/a e a familia participante 
-O relato será entregado ás titoras/es antes do venres 10 de novembro de 2023. 
-O fallo do concurso anunciarase a través da páxina web do centro e os blogs. 

 Animádevos a participar!!! Haberá premios arrepiantes!!!




lunes, 30 de octubre de 2023

DÍA DO ORGULLO NEOFALANTE: SOMOS UN POBO DE ARTISTAS











Compartimos este fantástico podcast radiofónico realizado polo alumnado de 1º da ESO do CPI As Mirandas de Ares con motivo do Día do Orgullo Neofalante. 

Tal como comenta Yolanda Castro, coordinadora do EDLG no CPI As Mirandas e tamén docente no CPI Virxe da Cela "esta actividade foi coordinada dende o noso centro polo Equipo de Dinamización Lingüística e o departamento de Lingua Galega e impulsada pola Concellería de Cultura de Ares, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade. Despois do obradoiro de formación (impartido por Andrea Rico Adega, que pertence a asociación Rexenerando) e da fase de investigación realizada no cole, na que o alumnado afondou na enorme variedade da escena musical galega, esta estupenda rapazada plasmou todo o seu traballo neste magnífico programa de radio. Parabéns a todo o alumnado de 1º de ESO polo ben que o fixeron e mención especial a Manu Ramil (alumno de 1º A) que realizou a gravación, edición e montaxe do mesmo. Sodes uns cracks!.

 Aquí tedes o podcast “Somos un pobo de artistas”. Non deixedes de escoitalo.

 

 

viernes, 27 de octubre de 2023

EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2023


Nos días previos á celebración do Samaín un ano máis o alumnado do CPI Virxe da Cela anímase a deixar voar a imaxinación e amosar a súa creatividade participando nunha actividade que xa ten unha longa traxectoria no noso cento educativo:  Exposición de Cabazas. Nos vindeiros días veremos encherse este espazo dedicado á exhibición destas cabazas decoradas, nunhas mesas próximas á entrada da Biblioteca Castelao. 















jueves, 19 de octubre de 2023

CIBERXESTEIRA FM

 Ciberxesteira FM é unha emisora de radio escolar que da o seu inicio neste curso 2023-2024 da man e nas voces dos rapaces e rapazas de 3º da ESO na materia de Educación Dixital. O seu obxectivo é comentar, debatir e divulgar contidos educativos sobre unha boa hixiene dixital, algo que é moi importante nos/nas adolescentes e que lles pode server para afrontar situacións de risco, optimizar o seu ocio, potenciar o seu rendemento educativo, etc. 






miércoles, 18 de octubre de 2023

CONCURSO EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2024

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua de Luísa Villalta, a autora homenaxeada en 2024 no Día das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que esta viviu. Poderán participar os centros docentes de ensino público non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Concederanse dous premios, un para cada unha das dúas categorías de participación. 

 Categoría A: educación infantil e primaria 

Categoría B: educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial 


Convocatoria Concurso Exposicion Letras Galegas 2024 by veracruces on Scribd

lunes, 16 de octubre de 2023

MULLERES EMPRENDEDORAS DO RURAL

O domingo 15 de outubro, Día da Muller Rural, ás 17:00 horas, a área de Igualdade da Deputación da Coruña realizará no Concello da Baña a presentación do proxecto audiovisual "Mulleres emprendedoras do rural"

O proxecto consta de 5 entrevistas en formato audiovisual  con mulleres que desenvolven a súa actividade produtiva no rural. Teñen como obxectivo amosar referentes de mulleres emprendedoras coa finalidade de visibilizar o seu traballo e por en valor a actividade que desenvolven.

 As protagonistas destes vídeos son Leticia Iglesias (Neda), coa súa empresa de venta de produtos de horta "Na Horta da Avoa María"; Carme Pampín (Touro), cofundadora de Galchimia, centro de excelencia para a investigación química; Sonia Ares (Rois), artesá traballadora de prata e vidro; María Fandiño (Curtis), enxeñeira industrial e gandeira; e Rocío Picado (A Baña), xerente do Fogar Residencial e Centro de Día Fogar de Ceilán.

Este proxecto achegarase tamén durante o mes de outubro a outros 4 concellos da provincia da Coruña en datas que se van anunciar nos vindeiros días na web. Os vídeos colgaranse na canle de youtube da Deputación a partir do luns 16 de outubro.



viernes, 13 de octubre de 2023

PREVISIÓN METEREOLÓXICA

Queres saber que tempo vai facer estas minivacacións da ponte do 12 de outubro?? Pois aquí vai a previsión do noso colaborador MG. Vai haber de todo... toma nota por si vas de viaxe!!

miércoles, 11 de octubre de 2023

VI PREMIOS DE PODCASTS XOSÉ MOSQUERA PÉREZ "O VELLO DOS CONTOS"

 O IES Rosalía de Castro e Arraianos Producións, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convocan os VI Premios de Podcasts en galego e portugués Xosé Mosquera Pérez, “O Vello dos Contos”. 

Bases 6ovdc 1 by veracruces on Scribd

PARABÉNS AO CPI VIRXE DA CELA: PASAMOS Á 3ª FASE DO PROGRAMA OBSERVA-ACCIÓN

 


Parabéns a todo o profesorado do CPI Virxe da Cela participante no Programa Observa-Acción, xa que... pasamos á terceira fase!! Sodes un grande equipo!! Moito ánimo e esperemos que a través desta nova fase podades formarvos como profesionais docentes e implementar todo o que aprendedes no noso centro para que poda repercutir na mellora en xeral, tanto do funcionamento do centro como da práctica docente!

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a participación no programa de formación “Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2022/23 e 2023/24, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.


Resolucion Definitiva Centros Fase 3 by veracruces on Scribd

jueves, 5 de octubre de 2023

CONGRESO INTERNACIONAL OBSERVA-ACCIÓN

 Dúas docentes do CPI Virxe da Cela que forman parte do equipo de docentes que participa no programa  Observa-Acción, asistiron o pasado mércores 4 outubro 2023 ao Encontro Internacional "Observa-Acción" que tivo lugar na Cidade da Cultura, Santiago de Compostela. 

Tras a apertura institucional por parte do conselleiro Román Rodríguez, a conferencia inaugural corre a cargo de Matthew O’Leary, catedrático de Educación e director do centro de investigación CSPACE da Universidade de Birmingham, baixo o título Reimaxinando a observación como ferramenta para entender e mellorar a calidade do proceso ensino-aprendizaxe.

Ao longo da mañá sucedéronse as sesións de traballo coa exposición de experiencias de éxito do programa en Galicia coa participación dos colexios Martínez Alonso (Mos) e Plurilingüe Santa Lucía (Moraña), dos institutos Sofía Casanova (Ferrol), Plurilingüe A Cachada (Boiro), Carlos Casares (Viana do Bolo), Xograr Afonso Gómez (Sarria) e das escolas oficiais de idiomas da Coruña e de Pontevedra.

Na sesión de tarde levouse a cabo unha mesa redonda internacional coa participación de técnicos e asesores educativos dos gobernos autonómicos de Galicia, Castela e León, Aragón, Madrid, Estremadura, ademais de Portugal, así como relatorios con experiencias de éxito noutras comunidades autónomas.