jueves, 5 de octubre de 2023

CONGRESO INTERNACIONAL OBSERVA-ACCIÓN

 Dúas docentes do CPI Virxe da Cela que forman parte do equipo de docentes que participa no programa  Observa-Acción, asistiron o pasado mércores 4 outubro 2023 ao Encontro Internacional "Observa-Acción" que tivo lugar na Cidade da Cultura, Santiago de Compostela. 

Tras a apertura institucional por parte do conselleiro Román Rodríguez, a conferencia inaugural corre a cargo de Matthew O’Leary, catedrático de Educación e director do centro de investigación CSPACE da Universidade de Birmingham, baixo o título Reimaxinando a observación como ferramenta para entender e mellorar a calidade do proceso ensino-aprendizaxe.

Ao longo da mañá sucedéronse as sesións de traballo coa exposición de experiencias de éxito do programa en Galicia coa participación dos colexios Martínez Alonso (Mos) e Plurilingüe Santa Lucía (Moraña), dos institutos Sofía Casanova (Ferrol), Plurilingüe A Cachada (Boiro), Carlos Casares (Viana do Bolo), Xograr Afonso Gómez (Sarria) e das escolas oficiais de idiomas da Coruña e de Pontevedra.

Na sesión de tarde levouse a cabo unha mesa redonda internacional coa participación de técnicos e asesores educativos dos gobernos autonómicos de Galicia, Castela e León, Aragón, Madrid, Estremadura, ademais de Portugal, así como relatorios con experiencias de éxito noutras comunidades autónomas.








No hay comentarios:

Publicar un comentario