viernes, 17 de mayo de 2024

BUSCANDO EVIDENCIAS

"Buscando Evidencias" é o videoproduto elaborado polo CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero, A Coruña) para difundir a súa participación  na III Fase do Programa Observa-Acción durante o curso 2023-2024.


lunes, 13 de mayo de 2024

TEATRO EN GALEGO: A UTÓPICA RODANTE


Martes 14 maio 2024, actuación (ás 13.00 h) de Teatro O Cubo no pavillón.“De Vilatriste a Vilalegre”, unha creación de Teatro O Cubo en coprodución co Centro Dramático Galego. Texto de Roi Vidal Ponte. Deseño e plástica de Beatriz de Vega. Interpretado por Uxía Algarra e Roberto Casal Mouriño. Co- Dirixido por Sofía Espiñeira e Roberto C Mouriño

Sinopse: Trepas é o alcume dun xoven habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará?

Teatro O Cubo en coprodución co Centro Dramático Galego aposta por dar o protagonismo aos monicreques neste reto escénico coa teima de sempre: que persoas de todas as idades poida gozar das súas propostas.

Beatriz Vega encárgase do deseño e a plástica, Roi Vidal crea unha disparatada trama na que se mestura identidade rural galega, superpoderes e 40 anos de Centro Dramático Galego. O resultado é unha divertida peza de títeres que percorrerá prioritariamente o rural galego a bordo da “Utópica Rodante”, un vehículo que transportará o teatro por todos eses concellos que ousen acoller esta intrépida proposta.


 

PANEL EXPOSITIVO LETRAS GALEGAS 2024: LUISA VILLALTA

 


Achégase o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Luisa Villalta. Nos corredores do edificio de educación secundaria podedes visitar a exposición gañador do concurso Letras Galegas 2024, titulada "Viaxe polo metaverso con Luísa Villalta", e realizada polo centro de FP A Carballeira (Ourense). A proposta deste centro é innovadora, amosando a protagonista das Letras Galegas, Luísa Villalta, coma un avatar que convida a percorrer a súa traxectoria persoal e profesional a través do metaverso, unha realidade virtual na que se dispoñen imaxes, recursos e actividades educativas. 

lunes, 6 de mayo de 2024

REUNIÓN PROFESORADO PROGRAMA OBSERVA-ACCIÓN

O profesorado participante na III Fase do Programa Observa-Acción reúnese o uns 6 de maio de 2024, ás 13:50, para tratar varias cuestións de grande importancia agora que se achega o final destes meses de traballo colaborativo. En primeiro lugar repasamos en grupo os diferentes apartados da Aula Virtual do Servizo de Formación para revisar as actividades que cada participante debe realizar. Paralelamente á utilización da Aula Virtual, o noso grupo decidiu elaborar unha enquisa ou formulario en liña para poder ter dentro duns días unha avaliación obxectiva que recolla as opinións de todo o profesorado deste centro que participa no programa. Por último estivemos realizando a visualización do boceto do produto audiovisual que enviaremos como memoria de participación nesta fase do programa. 



SEGUNDA CHARLA SOBRE A EMIGRACIÓN

 Luns 6 de maio 2024. De 9:45 a 11:25.

+60 ABANCA Pontedeume



jueves, 2 de mayo de 2024

II CONCRESO NACIONAL ESCOLA RURAL

 María Camino Pereiro González, directora do CPI Plurilingüe Virxe da Cela, foi voceira do noso centro para concienciar e sensibilizar da importancia da pervivencia das escolas no rural no "II Congreso Nacional Escola Rural" que tivo lugar en Ribadavia (Ourense) o día 3 maio 2024.

II Congreso Nacional Escola... by veracruces