viernes, 16 de diciembre de 2022

A TVG NO CPI VIRXE DA CELA GRAVANDO "DIGOCHO-EU"

 Venres 16 decembro  a partir das 11:00 h,  as persoas que levan o programa da TVG Digocho-Eu. Terán unha charla con alumnado do 2º e 3º ciclo da Ed. Primaria e gravaran un programa co alumnado de 3º e 4º curso de Ed. Primaria.

Proxecto "21 Días co Galego"

jueves, 15 de diciembre de 2022

CONTACONTOS EN INFANTIL


Este mércores, día 14 de decembro, o alumnado de Educación Infantil puido gozar dun contacontos grazas á Asociación Euroeume en colaboración con Solidariedade Internacional de Galicia.





María, a contacontos, viaxou por todo o mundo. Puido coñecer varios países como Bolivia, Guatemala ou o Sahara que foi dos viaxes dos que nos falou.

Estas viaxes tiñan algo en especial e é que María quería coñecer as tradicións e costumes dos países aos que viaxaba a través dos cinco sentidos. 

Unha moi boa idea!

É por elo que escoitamos a "Morenada" canción tradicional de Bolivia...achegándonos a este país a través do canal auditivo ou ben cun pau de chuvia, propio da zona dos Andes.


Co tacto, sentimos na nosa propia pel as cinzas dun volcán de Guatemala, que aínda está activo por si non o sabíades!


Coñecemos un pouco máis do deserto do Sahara a través das súas vestimentas, apreciamos as cores das "melhfas" e ata axudamos a que María fixera a súa.


 Sen esquecer, que co sentido do gusto saberíamos moito máis das costumes dos saharauis a través dos tres tés: amargo, doce e suave.

Moitas grazas María pola túa recomendación, agora á hora de viaxar poñeremos os nosos cinco sentidos en alerta.

Ata a próxima!!






viernes, 2 de diciembre de 2022

REUNIÓN WEBEX CON PILAR PONTE: 21 DÍAS CO GALEGO

 O xoves 1 de decembro de 2022, de 20:00 a 22:00 horas, o profesorado participante no proxecto "21 Días co Galego" mantivo unha reunión telemática (vía Webex) con Pilar Ponte para deseñar un plan de traballo conxunto para poder levar a cabo esta iniciativa que ten como obxectivo que a lingua galega sexa falada polo alumnado tanto dentro como fóra das aulas.

Pilar Ponte é docente e iniciou esta experiencia fai varios anos no IES A Pobra do Caramiñal, e posteriormente o goberno galego asumiuna como propia e extendeuna a outros centros educativos. No presente curso académico 2022-2023 o CPI Virxe da Cela será un dos 12 centros galegos que participará nesta iniciativa. 



jueves, 1 de diciembre de 2022

IMOS DE EXCURSIÓN ... Á UNIVERSIDADE!!

 IMOS DE EXCURSIÓN ... Á UNIVERSIDADE!!

O alumnado de Educación Infantil foi convidado a participar nunhas xornadas na USC, na facultade de formación do profesorado de Lugo.

Dentro dunha das materias que se imparte no plan de estudos do Grao de Educación Infantil traballan sobre a organización dos espazos nas aulas e as propostas a presentar dentro do mesmo. Estando ao cargo a profesora Lina Iglesias, propuxo ao seu alumnado planificar propostas didácticas dentro dos ambientes que teñen na súa " aula laboratorio".

E por sorte, o noso alumnado tivo a oportunidade de desfrutar das propostas, ampliando así a súa experiencia no traballo por ambientes.

A experiencia foi moi enriquecedora e esperamos poder repetir.