lunes, 16 de octubre de 2023

MULLERES EMPRENDEDORAS DO RURAL

O domingo 15 de outubro, Día da Muller Rural, ás 17:00 horas, a área de Igualdade da Deputación da Coruña realizará no Concello da Baña a presentación do proxecto audiovisual "Mulleres emprendedoras do rural"

O proxecto consta de 5 entrevistas en formato audiovisual  con mulleres que desenvolven a súa actividade produtiva no rural. Teñen como obxectivo amosar referentes de mulleres emprendedoras coa finalidade de visibilizar o seu traballo e por en valor a actividade que desenvolven.

 As protagonistas destes vídeos son Leticia Iglesias (Neda), coa súa empresa de venta de produtos de horta "Na Horta da Avoa María"; Carme Pampín (Touro), cofundadora de Galchimia, centro de excelencia para a investigación química; Sonia Ares (Rois), artesá traballadora de prata e vidro; María Fandiño (Curtis), enxeñeira industrial e gandeira; e Rocío Picado (A Baña), xerente do Fogar Residencial e Centro de Día Fogar de Ceilán.

Este proxecto achegarase tamén durante o mes de outubro a outros 4 concellos da provincia da Coruña en datas que se van anunciar nos vindeiros días na web. Os vídeos colgaranse na canle de youtube da Deputación a partir do luns 16 de outubro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario