martes, 15 de noviembre de 2022

DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO



     O mércores 16 celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO e desde Ponte...nas ondas! convidamos a que os centros o celebren con algún programa de radio/vídeo que poden enviar posteriormente ao portal ESCOLAS NAS ONDAS.

     Tamén podedes seguir en directo en liña desde a web de PNO! o propio evento do 16N que celebrararemos no Centro Cultural de Valadares, en Vigo. Alí entregaranse os premios do 5º Certame AS IMAXES DO PATRIMONIO que será retransmitido pola web de Ponte...nas ondas! Ao acto asistirán os gañadores dos centros educativos de toda a Eurorrexión, lerán os textos coa proxección das imaxes e a audición dos podcasts. Tamén haberá unha actuación musical con temas do patrimonio inmaterial galego-portugués. Participará no acto a Ministra de Educación, Pilar Alegría, o secretario xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, a directora xeral do Patrimonio Cultural, Carmen Martínez Insua, e a a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

     E recordámosvos que na web de PNO! tedes tamén materiais didácticos moi útiles para traballar nas aulas nesta semana do Día Mundial do Patrimonio, entre outros:

        ◦ O libro dixital interactivo Memoria e Patrimonio: http://pontenasondas.org/memoria-e-patrimonio/

        ◦ Test, trivial, interactivas sobre xogos tradicionais, descargables e interactivos sobre o ciclo anual do patrimonio, actividades sobre lingua, artesanía, oficios etc: http://pontenasondas.org/recursos/ 

       Un saúdo e grazas pola vosa colaboración! 


PNO! Modelo de Boas Prácticas by veracruces on Scribd

No hay comentarios:

Publicar un comentario