martes, 25 de abril de 2023

Día do Libro: Contacontos na etapa de Infantil

Durante a semana pasada, na etapa de Educación Infantil, estivemos traballando na semana do libro: fixemos marcapáxinas, usamos as técnicas de Gionari Rodari, recomendacións dos contos que máis nos gustan, retratos con contos, debuxos con personaxes coñecidos...e rematamos coa mellor das actividades, un contacontos.

A mestra Alba visitou o noso colexio para contar un conto moi divertido " Esta é a miña flor". 


Un conto interactivo onde puidemos coñecer un esquío moi divertido que presenta os cambios da nosa contorna cando chega a primavera.

Plantamos sementes, cantamos cancións a animaliños do bosque, coñecemos fadas fermosas...e ata fixemos maxia.

Vivimos en primeira man a maxia dos contos. Nestas fotos podedes ver algúns dos momentos da sesión.







Ata outra Alba, dispostos a escoitar de novo contos cando queiras.



No hay comentarios:

Publicar un comentario