viernes, 13 de marzo de 2015

TRADICIÓN 2.0

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha hoxe -por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística- unha nova actividade no marco do proxecto de dinamización lingüística Dragal, no que están a participar 659 estudantes e 55 docentes de once centros de ensino secundario das catro provincias galegas. 

Trátase de Tradición. 2.0, un espectáculo de contacontos en clave de humor que recrea as lendas tradicionais “A ponte do porco” e “Roldán e as tres costureiras de Puxares” e quen ter como obxectivos fomentar a transmisión oral interxeracional do galego e reflexionar sobre o valor das lendas e dos contos como patrimonio lingüístico e cultural. As lendas galegas constitúen unha fonte inesgotable de aventuras, personaxes e lugares máxicos que ademais gozan dunha grande versatilidade e poden converterse en punto de partida e de inspiración para outros relatos. 

A actividade dará comezo mañá, no IES de Valga e chegará ata mediados de maio aos outros dez centros participantes (ao IES A Pobra do Caramiñal o 23 de marzo; ao IES de Becerreá o 14 de abril; ao CPI Virxe da Cela de Monfero o 16 de abril; ao IES Puga Ramón da Coruña o 22 de abril; ao IES Alfoz-Valadouro o 28 de abril; ao CPI A Cañiza o 29 de abril; ao IES Castro Alobre e ao IES Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa o 7 de maio e ao IES Taboada Chivite de Verín e ao IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia o 11 de maio). Todos eles participan este curso no Proxecto Dragal da man dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros educativos e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, encargada de coordinalos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario