O centro foi un dos seleccionados para participar nunha nova proposta da Consellaría de Cultura Lingua e Xuventude. Trátase do programa Falamos + deseñado para dinamizar a utilización activa do galego nos centros de ensino a través de propostas de carácter lúdico creadas polos propios centros e as familias que acheguen o alumnado e as súas familias ao patrimonio cultural galego tradicional e especialmente a aquel máis moderno e descoñecido para a maior parte do alumnado.
A intencións é
preparar entre os dez centros participantes unha serie de propostas de carácter
lúdico en galego dirixidas a educación infantil e aos tres ciclos de educación
primaria para realizarse nos tempos de lecer da xornada lectiva do mes de marzo.
Ditas propostas
xirarán ao redor de cinco temáticas;
- Luns: FALAMOS
- Martes: XOGAMO
- Mércores: FACEMOS CIENCIA
- Xoves: ESCRIBIMOS E LEMOS
- Venres: CANTAMOS E BAILAMOS
Ademais, no
noso centro educativo contaremos con alumnado voluntario da ESO que participa
nas actividades organizativas da Biblioteca escolar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario