lunes, 20 de enero de 2025

PASANDO A BÓLA, XOGANDO PARA CAMBIAR: teatro para a convivencia

 

Este curso contamos co obradoiro promovido pola Consellería de Educación no marco do programa contra o acoso escolar: PASANDO A BÓLA, XOGANDO PARA CAMBIAR, do cal o noso centro resultou beneficiario. Ven da mán da Xanela de Maxín.

PASANDO A BÓLA XOGANDO PARA CAMBIAR emerxe como un evento de intervención escolar e social, onde o xogo dramático serve como ferramenta poderosa para concienzar ao alumnado. A partir de aí explóranse solucións que se porán en práctica a través do teatro.

Esta actividade está baseada no libro “A Banda dos insectos” de Celtia Figueiras e inspirado na técnica de Augusto Boal e o teatro do oprimido. Unha actividade aborda de forma única o problema do bullying no contexto escolar.

Neste encontro singular, a guía da intervención, coa contará coa colaboración do alumnado voluntario como actores e actrices. En conxunto, escenificarán escenas construídas especialmente para representar as diversas manifestacións do acoso nas escolas.

Trala presentación destas escenas, a audiencia convértese en parte activa do proceso. O alumnado aporta solucións aos comportamentos observados, encarnando e mostrando tamén as novas solucións propostas como parte da actuación.

“Pasando a bóla Xogando para cambiar” non só ofrece un enfoque innovador para abordar o bullying, senón que tamén fomenta a participación activa da comunidade escolar na creación de solucións.

A través do xogo teatral, a audiencia non só toma conciencia da problemática, senón que tamén se converte en axente de cambio. Construirán xuntos unha resposta colectiva que promove un ambiente escolar máis seguro e respetuoso.



No hay comentarios:

Publicar un comentario