Un curso máis participamos do Festival Escolar Camiño Inglés organizado pola Federación de ANPAS de centros públicos de Ferrolterra.
Nesta ocasión cunha actividade teatral na que o alumnado do 1º ciclo da Ed. Primaria participaron, interactuaron e desfrutaron dun espectáculo multiartístico baseado no Camiño mais tamén nos principais recursos do concello de Narón: patrimonio costumes, lendas, festas de interese, etc.
Despois percorreron en compañía doutros centros da bisbarra un tramo do Camiño Inglés desde o Torrente Ballester, ata a Ermida das Angustias. Estiveron acompañados cuns peregrinos/as moi especiais que contaron unha historia relacionada co Camiño.
Unha xornada na que compartir e na que experimentar a riqueza do noso patrimonío cultural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario