jueves, 7 de mayo de 2009

CERTAME LITERARIO ON-LINE


Con motivo da conmemoración das Letras Galegas 2009.


Obxectivos:


· Potenciar o uso escrito da lingua galega.
· Fomentar o emprego das novas tecnoloxías na educación.

Bases do certame:

  1. Este concurso está dirixido ao alumnado de Educación Primaria e Educación Secundaria do C.P.I. Virxe da Cela.
  2. Os traballos deberán estar redactados en lingua galega.
  3. Os textos poderán adoptar calquera modalidade literaria.
  4. Os participantes colgarán os seus traballos no blogue Xesteira, (http://cpivirxedacelaxesteira.blogspot.com/) no apartado de “comentarios” da entrada “Certame Literario On-Line”, incluíndo os seus datos persoais ou un pseudónimo.
  5. O prazo de presentación de traballos estará aberto durante todo o mes de Maio de 2008.
  6. Un xurado integrado por un/unha representante do E.N.D.L, un/unha representante da Bibliteca Castelao e un/unha representante do Departamento de Lingua Galega decidirán os gañadores, na modalidade de Educación Primaria e Educación Secundaria

Nota de aviso. Debido á escasa participación no certame, o E.N.D.L. decidiu suspender esta convocatoria e declarar os premios desertos. Monfero, 4 de Xuño de 2009.


12 comentarios:

  1. Cintia Grueiro Buján, 4º EP

    Conto ao revés.

    Este era un lobo bo, que ía visitar o seu bisavó. O seu pai díxolle:

    -Ten coidado cos humanos, non son de confianza. Lévalle o teu bisavó un encrucillado e un pais. Xa sabes que lle gustan moito.

    Polo camiño atopouse con Carapuchiña negra. Ela díxolle que lle levara un bo ramo de toxos para picarlle no cu á xente que ía matalos e de paso que levara meteoritos para explotar a casa.

    Entón o lobo Manolo dirixiuse á casa do seu bisavó e tirou os meteoritos e contou ata cinco: seis, nove, dous, tres, cinco. Nese intre os meteoritos estalaron e o bisavó saiu fumeando chamuscado e sen rabo.

    ResponderEliminar
  2. Sofía Pena Freire, 4º EP


    Hoxe amenceu un día fermoso.
    Por iso desde ben cedo
    cantaba o cuco ben ledo.
    De tanto que cantou e cantou,
    o día escureceu e de repente choveu.
    Vaite de aí, cuco,
    vaite e non volvas a cantar
    para que o sol volva brillar.

    ResponderEliminar
  3. Laura Sanjuán Cainzos, 4º EP

    Isto era unha muller que era fea pero millonaria. Un día polo barrio apareceu un vagabundo e estaba pidindo diñeiro para poder comer e o señor chamado Julián díxolle á señora Estela:
    - É vostede moi boa, señora Estela. Agora xa poderei comer, grazas.
    - Non, isto é para que comas outro día, hoxe ves comer á miña casa, dixo Estela.
    - ¿De verdade? –dixo Julián.
    - Claro que si –dixo Estela-. Eu nunca minto.
    Os dous foron para a casa e Julián dixo:
    - Menuda casa ten, señora Estela.
    - Non é nada, teño outra máis grande en Andalucía.
    Chamaron á porta; foi abrir a criada. Era o seu mozo Óscar que só estaba con Estela polo diñeiro. Era un malagradecido porque ela dáballe o que tiña, ata lle comprou un coche e un avión privado. Pero o vagabundo abreulle os ollos a Estela e díxolle:
    - Non te das conta de que só está polo teu diñeiro.
    Pero Estela non lle fixo caso. Pero un día Estela colleu a Óscar falando coa súa muller e tamén tiña cinco fillas e esperou á noite para botarlle a bronca. El foise correndo co seu coche e as tarxetas de crédito, pero ela como era moi lista anulounas e deulle as grazas a Julían. Ela díxolle se quería que se coñecesen. El aceptou porque era honrada. Ó final detiveron a Óscar porque el era moi malo e Julián e Estela casaron, tiveron moitos fillos, un seis, e Óscar non deu saido do cárcere, e os seus fillos e a muller tiveron que pedir para poder pagar a fianza. Estela por ser boa, deulle algúns euros, pero non lles chegaron para pagar a fianza e Estela e Julián foron moi felices e comeron perdices.

    ResponderEliminar
  4. Iván Miño Rodríguez, 4º EP

    Érase unha vez unha xoaniña boa que sempre andaba voando pola carballeira. Un día apareceu un grilo que a atacou. A xoaniña ferida foise correndo e escondeuse detrás dun carballo. Despois veu unha abella que encontrou a xoaniña. De súpeto apareceu o pai da xoaniña que tiña grandes poderes e estaba moi enfadado. Foi buscar o grilo e matouno.

    ResponderEliminar
  5. Pablo Medín Roibás, 4º EP

    O tempo engana

    Érase unha vez un cativo chamado Brais. Era un hipócrita e un pasmán. Só se dedica a ver a tele. Pero un día na clase quedou durmido coma sempre e cando espertou todos estaban paralizados. Entón unha voz estraña dicía:

    -Son o tempo, pero da hora e estou aquí para facerte sufrir.

    O rapaz sin saber que facer dixo:

    - Acabarei contigo.

    Loitan e loitan ata que empezan a insultarse mutuamente. Despois de moito discutir fanse amigos e logo póñense a falar. Resulta que Brais estaba soñando e de repente entra a directora na clase e dilles o seguinte:

    - O luns non poderei vir porque caso con Berta que é lesbiana, coma min, e vén do país Vasco. Entón mediante o soño Brais esperta e di:

    -¡¡¡ A min que me importa!!!

    Entón cáelle un castigo de importancia.

    ResponderEliminar
  6. Antía Gómez Ramos

    Unha vía do tren
    A parada do tren
    E tan ancha a vía
    Que parecía
    Unha variña delgadiña.

    O tren marchou cedo
    E o tren chegou cedo
    Cando volveu non parou
    Polo cheiro do xamón.

    O tren quedou vacío
    Pero cheo por dentro
    E como era glotón
    O médico devolveulle o favor.

    Ao final o tren
    Que era moi glotón
    E o médico gordinflón
    Riron e riron e riron
    ¡Que glotóns!

    ResponderEliminar
  7. Erea Fernández Lence, 4º EP

    Érase unha vez o neno Pedro que ía á escola a Betanzos, ó Vales Villamarín. E acércase a Semana Santa e non fixera ningunha das fichas que lle dera dona Celia e avisouno que se non facía as fichas ademais de castigalo sen recreo, ía suspender. Entón Pedro, como non quería suspender chegou á casa e díxolle á nai:
    - Teño que facer todas as fichas atrasadas porque senón dona Celia ademais de castigarme, suspéndeme.
    - Ben, pois entón, ponte a facer as fichas atrasadas, porque ata que non as remates non vas xogar á praza cos teus amigos e sácoche a Play Station 2 e 3, a Wii, a Wii Fit...
    - Xa vou, mamá. ¿Cando teño que entregar todo o que teño pendente?
    - Mañá, así que bule facelo.

    ResponderEliminar
  8. Erea Fernández Lence, 4º Ed. Primaria

    A FABRICA DO TURRÓN

    Érase unha vez o señor Pablo, que tiña unha fábrica de turrón. El é loiro, alto e delgado. A fábrica está no polígono industrial da Grela. Pero tiña un problema: estropeáronselle as máquinas de facer o turrón. Entón chamou ó empresario Adrián que era alto, loiro e delgado como o empresario Pablo. O empresario Adrián tiña unha fábrica de máquinas de facer turrón; el tíñaa no polígono industrial de AS PONTES. Entón o empresario Adrián vendeulle as máquinas de facer o turrón e o empresario Pablo puido facer o turrón e repartilo polo Corte Inglés, Alcampo, Makro, Gadis, Dia, Lidl, etc., e así todos comeron o turrón e pasaron un bo Nadal.

    ResponderEliminar
  9. Sara Rubianes Souto, 4º Ed. Primaria

    O AMOR NO POLIGONO INDUSTRIAL

    Nun polígono industrial había un home e unha muller que traballaban xuntos e díxolle o home sensible e amoroso á muller poética e traballadora:
    - ¿Queres casar comigo? -preguntou Xoán.
    Responde Luísa a Xoán en poesía:
    - Pois cando te miro namórome de ti e cando deixo de mirar non te quero. Si quero, pero casaremos o día de Nadal, o 25 de decembro de 2008 e viviremos felices e comeremos perdices.

    ResponderEliminar
  10. Pablo Medín Roibás, 4º Ed. Primaria

    AMOR EN NADAL

    Era unha vez un empresario bastante guapo, era presumido, mandón e tiña unha gran fortuna, pero tamén tiña un polígono industrial. No polígono industrial traballaba moita xente, entre esa xente había unha traballadora cun bó carácter, un bó humor, pacífica e por suposto namorada do empresario, que por certo se chamaba Gabriel. El non a aceptaba, ata que un día, case en Nadal, deuse conta de que ela tiña un bó corazón e entón díxolle se quería ser a súa moza e ela aceptou. El tamén lle dixo que cambiaría de actitude.
    Pasaron os días e eran moi felices, pero presentouselles un problema cun rei moi poderoso, e como cada vez faltaba menos para o Nadal, non podían deixar que se lles presentase un problema tan grande.O problema era que un rei moi poderoso mandou a todos os homes presentarse no palacio onde vívía para que a súa filla lexítima chamada Isabel, elixira cal sería o seu futuro esposo. Entón dixo a traballadora, que se chamaba Sonia:
    - Gabriel cortamos a nosa relación, porque seguro que te elixe a ti.
    Entón Gabriel púxose moi triste.
    Chegou o día e a filla lexítima do rei elixiu a Gabriel.
    Entón Gabriel dixo:
    - Eu non quero casar con Isabel.
    O rei respondeulle:
    - Se non casas coa miña filla mando que te maten.
    Entón Gabriel tivo que aceptar. O día seguinte no polígono apareceu Isabel e dixo:
    -Agora traballo aquí e tamén podo mandar neste polígono industrial de xeito que támen estou aquí como xefa.
    Chegara o Nadal e Sonia deulle un paquete a Gabriel; el abriuno e no seu interior atopou unha carta, unha carta de amor. Gabriel viuna e deulle as grazas a Sonia e támen lle dixo que falaría con Isabel para que o deixara libre. Pero ela non aceptou.
    Entón un home recén saído do cárcere denunciou o rei por obligar a un home a casar cunha muller que non ama e por facerlle a el pasar trece anos no cárcere por acusación falsa e un roubo moi grande.
    Acabou o Nadal, o rei estaba preso, o home recuperara todo o que o rei lle roubara e Gabriel e Sonia estaban casados.

    ResponderEliminar
  11. encantame o conto de cintia grueiro,porque e moi divertido.

    ResponderEliminar