miércoles, 22 de enero de 2014

A CULTURA DE TRADICIÓN ORAL NO NOROESTE PENINSULAR

Fai un par de días recibimos por correo electrónico unha invitación para participar neste interesantísimo traballo de investigación sobre a tradición oral no noroeste peninsular. Aproveitando a cantidade de materiais que temos compilados na nosa Guía de Tradición Oral, actividade que se vén incluíndo no noso Proxecto de Fomento do Uso do Galego desde o curso 2008-2009, axudaremos a rescatar esta importante mostra do noso patrimonio inmaterial. Se premedes o seguinte enlace poderedes acceder á plataforma dixital onde pendurar todas aqueles contos, lendas, refráns, cantigas, etc. da vosa contorna. Non vos esquezades de que os nosos avós e maiores son unha biblioteca viva, e entre todos podemos contribuír a que non se estinga a súa memoria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario