domingo, 2 de marzo de 2014

ENTROIDO 2014 NO CPI VIRXE DA CELA

    Un ano máis o gran telón vermello pendurado no patio cuberto do CPI Virxe da Cela indícanos que é tempo de celebración… Acompañado polo frío e o mal tempo, O Antroido invade a nosa escola como unha ola de cor, alegría, humor, gargalladas, música e baile. A diversión está garantida, e moito máis nesta ocasión na que a creatividade e inxenio das profes Oliva e Vanesa serviron como fío condutor do espectáculo. Vestidas de “vellas”, estas dúas bellas mulleres demostraron que os anos non pesan, que o espírito de festa hai que levalo sempre enriba, e entre actuación e actuación fixeron alarde do seu sentido do humor e as súas dotes improvisativas.

      O escenario deu cabida á exhibición dos talentos dos rapaces e rapazas do CPI Virxe da Cela, desde os máis pequenos ata os xa veteranos. Parabéns para todos eles: lástima que soamente repartíronse catro premios (Antroido 2014, Mellor Disfraz, Mellor Actuación, Mellor Grupo). Mais os que quedamos sen premio fomos igualmente premiados cun delicioso “chiculate” ben quentiño acompañado por rosquillas, churros e orellas. Un ano máis as señoras cociñeiras deixan o listón ben alto… E non pensedes que aí quedou a cousa. Non, home, non. A xente tiña ganas de festa, así que unha vez que os buses marcharon e pechamos a escola, fúmonos coa música a outra parte… Tocaba encher o bandullo cun típico cocido galego, e xa coa barriga chea fixemos unha longa e animada sobremesa con chistes, bailes e cantigas varias. Iso si, profes… A próxima vez hai que ensaiar algo antes…

PREMIOS ANTROIDO 2014
·         Mellor Actuación: 2º ciclo EP, “Non importa que sexamos as vellas do Xestal”
·         Mellor Grupo: 3º ESO “McAuto”
·         Mellor Disfraz: 1º ESO “La muerte está muertíbiris”
·         Antroido 2014: EI e 1º ciclo EP







                                             

2 comentarios:

  1. Quen me dera poder estar nese Antroido do Xestal !!! Lástima que non collan tódolos proveitos nun mesmo saco... Hei dicir qué vídeo tan bonito e qué boa pinta a dese festival. Parabéns a todos/as no Xestal, pero en especial noraboa ás presentadoras, que ó meu parecer merecen unha especial distinción e que están a ser un exemplo de dilixencia moi beneficioso para a escola de Monfero e seus alumnos/as. Ese espírito é sen ningunha dúbida o ideal para o Antroido, e tamén para todo o demais.

    Saúdos e unha aperta, Antonio González.

    ResponderEliminar
  2. ¡ Enhorabuena por vuestra labor a todos por vuestro trabajo!
    Mamá de Bruno Pereira (6º infantil)

    ResponderEliminar