martes, 19 de enero de 2021

O NOSO PATRIMONIO: OS CASTROS

O alumnado de educación primaria tivo a oportunidade de asistir o martes 19 de xaneiro a un obradoiro impartido a través do Proxecto Educativo do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa. Tomando punto de partida o Castro de San Cibrao de Las, na provincia de Ourense, un xacemento arqueolóxico único, os nenos/as poideron descubrir como foi evolucionando a sociedade na Idade de Ferro, así como adquirir actitudes e valores de respecto, valoración e custodia do noso patrimonio. Esta charla obradoiro estivo acomapañada dunha mostra expositiva con obxectos e maquetas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario