O Instituto da Lingua Galega (USC) conmemora este ano o 50 aniversario da súa creación. Con motivo desta celebración puxemos en marcha, entre outras actividades, un concurso de vídeo dirixido ao estudantado de 3º e 4º de ESO ,1º e 2º de Bacharelato e ciclos de FP básica e Grao Medio de Galicia e dos territorios de fala galega fóra de Galicia. O obxectivo deste concurso é, en primeiro lugar, incentivar o uso do galego e, asemade, dar a coñecer o Instituto da Lingua Galega entre a xente nova.
O concurso propón tres temas baixo o lema Móvete:
Móvete co galego
Promove o galego
Conmóvete co galego
O estudantado pode presentar propostas individuais, pero tamén é posible elaborar vídeos en grupos de aula. Nesta segunda modalidade en grupo, o/a docente da aula será o/a responsable do proxecto e a persoa de contacto coa organización do concurso.
Haberá premios para as/os gañadoras/es e tamén para as/os finalistas. A medida que se vaian recibindo os vídeos iranse difundindo a través das redes do ILG (Youtube, Instagram e Twitter), de xeito que o vídeo que obteña unha maior puntuación de acordo coas interaccións a que dea lugar ao longo de todo o concurso tamén recibirá un premio.
Cartel Concurso Movete by veracruces on Scribd
No hay comentarios:
Publicar un comentario