lunes, 18 de octubre de 2021

OS INSTRUMENTOS DO PÓRTICO DA GLORIA

    O alumnado de música de 4º da ESO impartiu un interesante obradoiro sobre os instrumentos do Pórtico da Gloria ao alumnado de educación primaria (luns 18 outubro 2021). Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto de O Xogo da Oca do Camiño Inglés, no que participará a nosa escola xunto con outros centros escolares da comarca de Ferrolterra. Durante varias sesións o alumnado que cursa a materia optativa de Música en 4º da ESO realizou unha investigación sobre os instrumentos musicais do Pórtico da Gloria e partindo de debuxos e planos tratou de darlle forma a eses instrumentos, utilizando cartón, madeira, corda, etc. 

      Durante algunhas clases de música estivemos deseñando un obradoiro de instrumentos musicais o cal despois realizamos xunto co alumnado de primaria. Antes disto a nosa profesora Veronica explicounos que era o Pórtico da Gloria, que instrumentos aparecían representados, etc… Cando xa repartimos o traballo entre os alumnos/as que cursamos a materia de música en 4º da ESO (quen iba falar sobre cada instrumento, quen iba a presentar...) comenzamos a escribir nun papel en sucio as características de cada instrumento e fixemos un debuxo. Despois disto fixemos unhas maquetas dos instrumentos en cartón. Na última clase antes de realizar o obradoiro estivemos practicando a exposición de cada un dos instrumentos como si fora o obradoiro, para despois estar mais seguros ao expoñer. O día da exposición fixemos o obradoiro en dous grupos: primeiro 1º, 2º e 3º de primaria e despois 4º, 5º e 6º de primaria. O primeiro obradoiro creo que nos saliu algo peor que o segundo... no segundo xa tiñamos máis práctica do anterior. Os alumnos/a ao principio case non querían saír de voluntarios a tocar os instrumentos, pero despois querían saír todos!! Adrián Caamaño, 4º ESO.

     Esta tarefa que realizamos na asignatura de música foi unha actividade que consistiu na explicacion dos instrumentos do Pórtico da Gloria e mais o que é o Pórrtico da Gloria. Para esto utilizamos un par de clases e mais algo de tempo na casa (para elaborar uns intrumentos parecidos os orixinais pero de cartón e cordas). Cando empezamos a explicarlles aos nenos estabamos algo nerviosos pero despoi,s co paso do tempo, xa non estabamos tanto. Os 7 instrumentos que lles explicamos os nenos foron : A arpa romanica que é o instrumento máis antigo do Pórtico da Gloria. A súa forma é un triángulo pero non é totalmente recta a madeira e tócase pulsando as cordas que van de lado a lado do instrumentos. Outro foi instrumento foi a arpa salterio, é moi parecida a anterior pero está totalmete recta e tócanse as dúas da mesma maneira.O salterio é un instrumento similar ás arpas, pero a difrencia e que ten caixa de resonancia A fídula oval e a fídula en oito, como tal din os seus nomes, son instrumentos un con forma de oito e outro ovalado. Os dous contan cun mástil do que saen as cordas ata a outra punta do instrumento e calquera dos dous tócanse cun arco que ten unhas cerdas que ao frotarse coas do violín fan o sonido. O laúde é moi parecido ás fídulas. Na punta do mástil conta cunha torcedura cara atrás. É un instrumento de corda e estas tamén lle chegan desde o mástil ata a outra punta do instrumento. E isto mais ou menos foi o que lles presenntamos aos nenos/as. A min pareceume unha actividade moi interesante porque aprenderon tanto os nenos/as coma nós, xa que sempre te quedas con cousas do que lles explicache. Paseino moi ben, menos ao principio, xa que ao faltarnos un compañeiro foi algo que nos puxo dos nervios non saber como iamos a facer! Rubén Rodríguez, 4º ESO







No hay comentarios:

Publicar un comentario