viernes, 19 de noviembre de 2021

APP PARA XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS

   Os xogos son unha parte fundamental dese acervo e, se cadra, un dos saberes nos que a transmisión directa aínda é posible. Nunha sociedade tecnolóxica como é a nosa, os xogos físicos, que requiren o exercicio da imaxinación, da axilidade mental e física, ofrécennos unha posibilidade doada de usar, gozar e, xa que logo, de preservar a memoria dos ancestros e facela útil cara ao futuro. 

    Neste sentido, o Consello da Cultura Galega alégrase de colaborar co Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego nun formato tecnolóxico, en web e app, para facilitar esta transmisión tan necesaria. Desde hai décadas, o CCG aposta polas tecnoloxías dixitais como canles para preservar, desenvolver e gañar públicos para a cultura galega. Concibimos esta ferramenta como un apoio para nais, pais e docentes que queren incorporar os ancestrais xogos da nosa cultura ao acervo familiar, para que poidan consultala con facilidade en interior e en exterior, no rural e no urbano. Pero tamén para calquera persoa, de calquera idade, que queira xogar, pois o ser humano xoga durante toda a súa vida. http://xogospopulares.consellodacultura.gal/





No hay comentarios:

Publicar un comentario