jueves, 23 de mayo de 2024

DESPEDIDA E PECHE: VIDEOCONFERENCIA FINAL III FASE OBSERVA-ACCIÓN

O martes 21 maio 2024, de 17.00 a 18:00 horas tivo lugar a última actividade da III Fase do Programa Observa-Acción realizado durante este presente curso 2023-2024. Consistiu unha videoconferencia na Aula Virtual Servizo de Formación, utilizando a ferramenta BigBlueButton, na que de forma on-line o profesorado participante nesta fase do programa tanto en Galicia como na Comunidade Autónoma de Madrid, reuniuse para facer balance destes inteses meses de traballo compartido. Brevemente, os voceiros de cada un dos centros, explicou brevemente cal vai ser o impacto da participación neste programa e que colaboracións se teñen previsto  entre os centros emparellados tras realizar as observacións. En todas as intervencións podíase apreciar que todas as expectativas foron acadadas e que participar nestre programa foi unha grande oportunidade para a mellora das practicas docentes individuais e para a transformación dos respectivos centros.





Presentación videoconferenc... by veracruces

No hay comentarios:

Publicar un comentario