Alumnado de 3º da ESO do CPI Plurilingüe Virxe da Cela organizando colaboracións coa Asociación Cultural Pesquedellas, de Betanzos. Proxecto desenvolvido nas materias de Proxecto Competencial e Música.
A Asociación Cultural Prestadora de Servizos á Xuventude "Pesquedellas" (A.C. Pesquedellas) é unha asociación sen ánimo de lucro que busca investigar e logo divulgar a través das súas redes sociais o patrimonio inmaterial galego, tendo como vehículo transmisor a lingua galega.
Esta asociación nace en Betanzos en 2019, froito da inquedanza dos seus 8 creadoras por investigar pola súa conta sobre a música e o baile tradicionais, e por extensión o patrimonio inmaterial da cultura galega. Os formantes saen da Escola Municipal de Folclore de Betanzos, máis concretamente do Grupo Azougue, onde recibiron formación en música e baile tradicionais, e onde foron desenvolvendo as súas inquedanzas sobre o patrimonio inmaterial galego, máis alá da música e do baile.
No hay comentarios:
Publicar un comentario