Obradoiros cunha metodoloxía activa-participativa de aprendizaxe por descubrimento que permrá ao alumnado ser axentes directos da súa aprendizaxe e non, simplemente, meros receptores de contidos. Neles, foi o momento de tocar, degustar, ulir e participar activamente das actividades. Introdución. Con dúas actuacións; na primeira escenifícando un conto interactivo, e na segunda cunha pequena introdución á vida das abellas obreiras. A vida das abellas. Aquí o obxectivo foi coñecer a vida das abellas e dos recursos relacionados con elas: a colmea, a raíña, os abázcaros, as obreiras, o apiario, a reprodución e o enxameamento. Vimos como é unha colmea e o emprego que lle dan as abellas. Aprendemos cales son os seus habitantes, visitamos o apiario mediante unha proxección. Ademais, identificamos os distintos apeiros de apicultura. Ao tempo, vimos traballar á abella raíña nunha colmea de observación, e repasamos o proceso de enxameado. Produtos que nos dan as abellas. Aprendemos sobre como recollen o pole as abellas e para que o utilizan. Repasamos todo o procesado do mel, dende que as abellas extraen o néctar das flores ata que o envasamos; utilizando unha proxección e un extractor de mel real realizamos en vivo unha extracción simulada de mel. Ao tempo, revisamos o procesado da cera e, para rematar, crearemos unha candea. Degustación do pole e o mel. A importancia das abellas. Co obxectivo específico de amosar o importantes que son as abellas para nós e utilizando os recursos dos que dipoñiamos, fixemos unha gráfica e sinxela exposición sobre a reprodución das plantas con flor, vendo logo a súa relevancia no medio e na nosa alimentación. Toda unha interesante experiencia!!!! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario