AMBIENTES MARZO
No ambiente simbólico-construtivo, ao longo deste mes, experimentamos co PlayforMake co cal fixemos buratos en cartón e madeira, estimulamos a nosa imaxinación e a motricidade fina creando formas xeométricas e diferentes figuras coas pezas de construción, promovemos o xogo simbólico co minimundos de dinosaurios e, montamos a Peluquería Monfero onde levamos a cabo actividades de vida práctica. Sen dúbida, pasámolo xenial!
No ambiente de luces e sombras ao longo de este mes, empregamos pezas translúcidas para experimentar con diferentes texturas a través do tacto, concretamente dos pés, tamén traballamos co retroproxector onde dispuxemos de figuras xeométricas coas que traballar as formas, as cores e as construcións, na mesa de luz xogamos a buscar e compoñer os nomes dos nosos compañeiros/as con culleres de xeado, e por último contamos con unha proposta artística no espazo da luz negra onde realizar obras de arte con cable fluorescente e deixar voar a nosa imaxinación.
No ambiente artístico e sensorial, realizamos creacións libres con libros, tapóns e paus. Por outra banda, desenvolvemos a creatividade e motricidade fina realizando composicións libres con retais e barro empregando ferramentas como paletas, rodillos… Por último, na mesa de luz fixemos caras con tornillos e chaves. Pasárono xenial!!
Por último, no ambiente de lecto, mates e ciencia contamos co xeoplano na pizarra dixital interactiva. Ademais, empregamos o recuncho da biblioteca para simular que éramos mestres e mestras, dispoñendo de material de diversa índole como, por exemplo: dados, grafismos creativos, libros, a ruleta co abecedario, material de refugallo…co fin de desenvolver diferentes actividades formuladas polo neno/a que semellaba ser o/a docente. Por outra banda, contamos coas letras de lixa onde, coa axuda de pezas soltas, realizamos o seu percorrido. E por último, en relación á lóxica matemática, realizamos simetrías que, posteriormente, picamos.
Ata o vindeiro mes, familias!