Desde primeiras horas da mañá os alumnos de infantil, primaria e ESO organizáronse en grupos para visitar a foodtruck que se instalou no patio do colexio. E que gran sorpresa nos esperaba! Ao chegar, recibíronnos cunha variedade de petiscos que fixeron as delicias de todos e todas. Entre os sabores que puidemos degustar, destacaron a tosta de mexillón con paté de faba de Lourenza e a croqueta de choco. Cada bocado era unha explosión de sabor que nos facía apreciar aínda máis a riqueza dos nosos mares e da nosa terra.
A campaña ‘GALICIA SABE AMAR’ ademais
axudounos a reflexionar sobre a importancia de levar unha alimentación saudable
e a valorar as propiedades gastronómicas dos alimentos do mar. A xestión
sostible dos recursos mariños e a seguridade alimentaria foron temas que se
abordaron durante a xornada, lembrándonos que cada elección que facemos na nosa
alimentación ten un impacto no medio ambiente.
Esperamos con ansia futuras actividades que nos sigan achegando á riqueza da nosa terra e do noso mar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario