viernes, 5 de febrero de 2016

ENTROIDO 2016

      Son moitas as promocións de alumnos/as que xa saíron do noso centro, e todos e cada un deles conservan moitas e variadas lembranzas da súa etapa estudantil. Mais todos/as coinciden en que a celebración de Antroiodo queda sempre gravada na súa memoria, acompañada por infinidade de imaxes e instantáneas cheas de colorido e alegría. 
    Un ano máis chega o esperado Antroido, cos doces típicos e unhas merecidas e desexadas vacacións, pero non sen antes celebrar un espectacular desfile de disfraces. “Culturas do Mundo” é a temática elixida nesta ocasión, cun achegamento no que predomina o continente americano. Música, bailes, actuacións en directo, aplausos e moitas risas. Infantil da o inicio ao festival co seu número “Que veñen os indios monferinos procedentes da tribu do tambor”, seguidos dos “Vaqueiros de primaria” (1º 2 º EP), os “Indios taínos” (3º e 4º EP) e finalizando cunha divertidísima regueifa mexicana dos rapaces/zas de 5º e 6º de EI titulada “Rifa de Namorados”. 
    Acto seguido dan paso as actuacións de secundaria introducidas polo xa coñecido “Desfile do Dragón” (1º ESO), un interesante e educativo desfile que fai un minucioso repaso desde os albores da civilización ata o nosos días bautizado “Comecemos desde o principio” (2º da ESO), a obra teatral “Mandarina” do alumnado de 3º da ESO, que vén sendo unha segunda parte da divertida saga familiar “Noiteboa” interpretada no pasado festival de Nadal. O broche final o pon o alumnado de 4º da ESO co seu número circense cheo de malabarismos e cabrioletas “O circo ía e viña”. 
      Chegan os premios, moitos e variados, e para deixarnos a todos un bo sabor de boca rematamos coa esperada degustación de chocolate quente, churros, rosquillas e outros doces típicos do Antroido. 

 PREMIOS ENTROIDO 2016 
Educación Infantil 
Premio pola actuación ás dúas aulas de infantil.
Educación Primaria
Premio aos mellores disfraces outorgado a: Grupos de 5º e 6º.
Premio á actuación máis orixinal outorgado a: Grupos de 3º e 4º.
Premio á mellor actuación outorgado a: Grupos de 1º e 2º.
Educación Secundaria 
Premio aos mellores disfraces outorgado a: Grupo de 1º .
Premio á actuación máis orixinal outorgado a: Grupo de 2º.
Premio aos máis divertidos outorgado a: Grupo de 3º.
Premio á mellor actuación outorgado a: Grupo de 4º.




           















No hay comentarios:

Publicar un comentario