viernes, 4 de noviembre de 2016

CELEBRAMOS O MAGOSTO

No noso colexio, o CPI Virxe da Cela, continuamos a recuperar as nosas tradicións e o noso patrimonio inmaterial e así o  venres 28 de outubro, de 14:45 a 16:25. quixemos dedicar unha xornada para a celebración do Magosto. Amenizamos a tarde con unha morea de xogos populares cos que os máis pequenos, e non tan pequenos, gozaron deste tempo lúdico.  Logo repartíronse os premios da decoración das portas do Samaín e culminamos a xornada degustando un quentiño chiculate con churros e, como non, as tradicionais castañas asadas que repartiron os pais e nais da ANPA. Unha xornada estupenda marcada polo bo tempo, que nos acompañou toda a tardiña. 
A continuación tedes unha mostra fotográfica desta xornada.

Xogos








Entrega de premios




Que bo estaba o chocolate con churros


E, como non,  as castañas asadas que preparou a ANPA









No hay comentarios:

Publicar un comentario