viernes, 9 de febrero de 2018

FESTIVAL DE ENTROIDO 2018 NO VIRXE DA CELA





     
 Nin o frío nin a choiva impediron que o alumnado do CPI Virxe Plurilingüe Virxe da Cela levaran a cabo o tan esperado Festival de Antroido 2018. Celebrado este ano nun comedor escolar transformado en salón de actos, diferentes números musicais e teatrais fóronse sucedendo na mañá do venres 9 de febreiro de 2018. 
       Destacamos a presencia da temática “acuática” tanto na decoración do salón de actos como nos diferentes disfraces e actuacións: o número musical con fondos mariños e peixiños “Nemos” de educación infantil; a actuación “Xornada de praia con Maruja Mallo e Pablo Neruda” de 1º e 2º de educación primaria; ou a obra de teatro “Peixería O Xestal” de 5º e 6º de educación primaria. 
     E sen facer referencia ao elemento “acuático” tivemos os fantásticos e variados disfraces dos nenos/as de “3º e 4º de primaria con “Antroido Ibérico”; a obra de teatro “Un día de clase” de 1º da ESO; a actuación musical de 3º de ESO co número “El Moreno del Whatsapp”; ou a simpática parodia do concurso televisivo “Primeiras Citas” de 4º da ESO. 
     E despois de tanto baile e diversión as larpeiradas puxeron o punto final a este festival de Antroido 2018. Queremos dar as grazas as nosas magníficas cociñeiras por prepararnos a xa habitual degustación de doces típicos do Antroido, bañados con chocolate ben quente!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario