miércoles, 28 de junio de 2023

CLAUSURA DO PROGRAMA EDU-REFERENTES

O programa EduReferentes, unha iniciativa desenvolvida pola Xunta de Galicia en colaboración coa asociación Executivas de Galicia, pecha o curso escolar coa participación de máis de 1.000 estudantes nas distintas actividades programadas entre obradoiros e mentorías. Unha profesora do CPI Virxe da Cela asistiu no día de hoxe á clausura do Programa Edu-referentes, que tivo lugar en Santiago de Compostela. 

Nos centros adheridos desenvólvense charlas de 50 minutos nas que dúas profesionais referentes galegas de diferentes sectores achegan ao alumnado aos seus ámbitos profesionais. Nestas sesións trabállanse co alumnado os mitos sobre os diversos perfís profesionais desde unha perspectiva de xénero. Como novidade, este ano incluíronse obradoiros educativos sobre softSkills (cualidades relacionadas coa escoita activa, o trabajo en equipo, a creatividade...), tamén de 50 minutos de duración e para grupos de 25 alumnos. A metodoloxía tivo como base a educación emocional con perspectiva de xénero do alumnado.



No hay comentarios:

Publicar un comentario