viernes, 9 de junio de 2023

RADIO XESTEIRA NOVOS EPISODIOS

Desde o EDLG queremos compartir con toda a comunidade educativa algún dos produtos radiofónicos realizados durante este curso grazas ao Laboratorio Radiofónico. 

 

Programa especial NON AOS EÓLICOS por 3º de Primaria. Sabedes que significa a palabra eólico? Esa palabra refírese a Aeolos. Eolo na mitoloxía greco–romana era o deus dos ventos. Ahhh! Entón xa sabemos que eólico está relacionado co vento. Hoxe imos falar en Radio Xesteira de todo aquilo que necesita a forza do vento para funcionar, como os barcos de vela, os cataventos, anemómetros... Porén, ímonos centrar nos muíños de vento, que aportan enerxía eólica. A enerxía eólica xérase coa forza do vento que é capaz de mover as aspas dos aereoxeneradores. Esa electricidade viaxa rapidísimo por uns camiños que chamamos redes eléctricas e chega a millóns de fogares. E agora ben, como imos afondar neste tema en canto a como se fai, que beneficio aporta, que prexuízos ou inconvenientes; queremos darlle a benvida a Vanesa Castro da Plataforma Veciñal Monfero Di Non aos Macroeólicos, que nos vai axudar a resolver estas dúbidas. 

   

  Programa Especial Pais, Nais, Avós...XOGADE MÁIS CON NÓS! por 4º de Primaria. Os nosos pais xogan o suficiente con nós? O alumnado do colexio CPI Virxe da Cela... Imos investigar este tema que realmente nos preocupa... TODOS – A nosa investigación, hoxe, en Radio Xesteira! Para falar deste tema, hoxe en Radio Xesteira, Laura Couce. Participa na nosa enquisa dando a túa opinión a esta pregunta: Cres que os pais/nais xogan cos seus fillos?


   
  Programa especial As clases frías por 6º de Primaria con Florin. Sabedes a quen vin?vA quen? A Florin. E quen e Florin? O NOSO ANTIGO CONSERXE! Que vos parece se lle facemos algunhas preguntas? SIII!! A ver que nos conta. Benvido a Radio Xesteira, Florin.


   
  Programa especial Clases Frías con Marcos por 6º de Primaria. Eu vou xunto o radiador, que teño moito frío. Eh! Non marches, que imos entrevistar a Marcos. Si! Marcos é fontaneiro e chamámolo desde Radio Xesteira para que despexe as nosas dúbidas sobre o sistema de calefacción que hai implantado no noso colexio. 


 


As historias de paxaros. O alumnado de 2º de Primaria sacou moito partido imaxinativo a tódolos paxaros que aprendeu ao longo do curso. Para mostra, unhas cantas historias na que as aves son protagonistas. Escoitade, escoitade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario