viernes, 22 de noviembre de 2024

Competición internacional Náboj Junior

Imaxe da participación do alumnado na iniciativa.


No día de hoxe, venres 22 de novembro, o alumnado de 2º e 3º da ESO participou conxuntamente na competición internacional de matemáticas e física Náboj Junior.

A actividade consistiu en resolver de maneira cooperativa, en grupos de ata 4 membros, a maior cantidade de problemas relacionados coas materias mencionadas anteriormente. Para iso dispuxeron de 120 minutos e de seis problemas iniciais, os cales, ao irse resolvendo, cambiábanse por outros novos de maior dificultade. Tratábase de que o alumnado puxese a proba a súa creatividade, razoamento lóxico e o seu enxeño, ao mesmo tempo que aprendían compartindo ideas entre eles e se lles amosaba a beleza das matemáticas e a física dun xeito lúdico.

 

Imaxes de toda unha experiencia de aprendizaxe.

A experiencia foi moi enriquecedora para todos os participantes, destacando o traballo cooperativo dos equipos, o entusiasmo demostrado e a satisfacción de conseguir resolver problemas por eles mesmos, coas habilidades e coñecementos adquiridos no pasado.

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario