Para que vexades
que non temos nada que envidiar aos
famosos presentadores das grandes
televisións, deixámosvos os informativos realizados polo alumnado de 4º ESO na materia de Lingua Galega.
jueves, 26 de junio de 2014
miércoles, 4 de junio de 2014
viernes, 30 de mayo de 2014
MAIOS NO CPI VIRXE DA CELA
Pensabamos que non chegabamos, mais ao final
conseguimos celebrar a xa tradicional festa das flores o último venres do mes
de maio. Ante un curso cunha axenda demasiado apretada, este ano todo o mérito
o teñen os rapaces e rapazas da ESO do CPI Virxe da Cela, que apostaron por
esta celebración que se vén desenvolvendo no noso centro nos últimos anos,
comprometéndose en cada grupo-clase e deixando moito suor en cada un dos
ensaios.
O
resultado foi, coma sempre, lucido e espectacular… música, danza, moitas flores
e a certeza de que o verán e as ansiadas vacacións xa están á volta da
esquina!! A gala foi presentada por Rubén e Ainoa (5º primaria), que a pesares
da falta de megafonía dirixíronse ao público para presentar as actuacións. A
primeira delas foi a dos rapaces de 5º e 6º de primaria, que fixeron todo un
acto de valentía saíndo ao escenario a bailar unha coreografía tatareando timidamente
a letra e a melodía da canción, xa que coas presas e os problemas que entraña o
“directo” non puideron contar coa audición de fondo (desculpen todos e todas os
problemas técnicos). Acto seguido o alumnado de 4º da ESO interpretou unha
muiñeira e unha xota con pandeiretas e voces, para proseguir a gala coas
exhibicións de danza de 2º da ESO (Muiñeira de Chantada), 3º da ESO (danza de
paus) e 4º da ESO (danza de fitas).
Se todos/as os que subiron ao escenario foron
moi ben recibidos polo público, o gran descubrimento deste festival foi o noso
novo compañeiro de 4º da ESO, Ignacio, quen gañou a simpatía e admiración dos
alí presentes, especialmente dos profesores e profesoras, polas súa fina psicomotricidade
na execución de patróns rítmicos co tamboril e a pandeireta. Xa sabes, Ignacio,
este verán podes gañar uns cartiños “extra” tocando nas alboradas das festas da
parroquia!
domingo, 18 de mayo de 2014
MONOGRÁFICO RADIOFÓNICO DÍAZ CASTRO NO CPI VIRXE DA CELA
O poeta na boca doutros forneiros de verbas. Lucía, Adrián, Álex e Daniel acollen a voz de Miguel Anxo Fernán Vello para rendir homenaxe ó guitiricense Armando Requeixo rescata as palabras de Carballo Calero que falaban do poeta total para adicarlle tal adxectivo a Díaz Castro. Dende a Radio do CPI Virxe da Cela descompoñemos ese todo para analizar pormenorizadamente cada unha das facetas deste gran poeta. Este é o resultado que firman os alumnos de 3º da ESO. O poeta na boca doutros forneiros de verbas. Lucía, Adrián, Álex e Daniel acollen a voz de Miguel Anxo Fernán Vello para rendir homenaxe ó guitiricense. Betanzos, un dos lugares preferidos de Díaz Castro. Laura, Antía e Pablo falan da relación do poeta ca nosa cidade, aquela na que foi premiado por Nascida dun soño. A infancia: Díaz Castro sinónimo de Guitiriz. Rocío e Brais descubren ó poeta do telúrico, do íntimo e trascendente. Os alumnos do CPI Virxe da Cela de 5º escriben un diario dun neno, que pola época na que está asinado ben podería ser de Díaz Castro cando era neno, un nen o inquedo amante da natureza. Díaz Castro dende a poesía, a publicidade e a música. 5º de Primaria.
viernes, 16 de mayo de 2014
CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2014 NO CPI VIRXE DA CELA
O venres 16 de maio de 2014, véspera das Letras Galegas, foi unha xornada de
celebración aproveitada non so para homenaxear a Xosé María Díaz Castro, senón
tamén para repartir no recreo premios, diplomas e galardóns para varias
actividades desenvolvidas no noso centro: a entrega dos “Pasaportes á India”
(Monfersolidario), os premios do “Concurso de Cubertas de Libros”(Departamento
de Plástica), “III Edición Concurso Preguntón” (Biblioteca Castelao), e “Concurso literario San Valentín 2014”
(EDLG).
CUBERTAS DE LIBROS
1º premio 1º ciclo EP: Brais Varela Amado
1º premio 2º ciclo EP: Daniela Pereira Ibáñez
1º premio 3º ciclo EP: Rubén Caínzos Pereiro
1º premio ESO: Martín Cortizas Suárez
Mención especial: Sergio García Coira
Premio ao mellor deseño infográfico: Manuel Santamariña Ruíz de León
PREGUNTÓN:
1º ANITAS: Ana Pena e Ana González (1º ESO)
2º GRUPO DE MONFERO: Laura Ares e Verónica García (5º EP)
3º SERGADRI: Sergio García e Adrián Mosquera (1º ESO)
4º AH...ADIVINAS! Manuel Santamariña e Pablo Medín (3º ESO)
5º LOS MÁS MEJORES: Ainhoa Novo e Rubén Caínzos (5º EP)
SELECCIÓN POEMAS DÍAZ CASTRO POR ANTONIO GONZÁLEZ
O noso ben querido ex-alumno Antonio González enviounos un par de documentos para contribuír ao programa radiofónico especial dedicado a Xosé María Díaz Castro, que gravaremos hoxe venres 16 de maio no CPI Virxe da Cela. Fai xa algúns meses Antonio enviou algún vídeo e comentario sobre o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas 2014, así como publicitar eventos varios celebrados no noso centro a través das redes sociais. Hoxe contaremos coa súa visita, e diante dos micrófonos axudará aos alumnos e alumnas de 3º da ESO a realizar o monográfico, que posteriormente será editado por Lucía e Sergio, os xornalistas que imparten o obradoiro "Laboratorio Radiofónico" no noso centro.
Etiquetas:
Letras Galegas 2014,
Xosé María Díaz Castro
jueves, 15 de mayo de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
