jueves, 26 de abril de 2012

O RURAL A DEBATE






Pps rae
View more presentations from satelite1.

A Real Academia Española (RAE), no dicionario da súa vixésimo segunda edición, engade os termos “tosco” e “inculto” na segunda acepción da palabra “rural” como sinónimos da mesma.
Isto foi o que observamos durante o curso pasado nas clases de Lingua Castelá coa nosa profesora Carmen Espiñeira (do 1.º ciclo da ESO). Cando nos comentou o tema quedámonos un pouco “burlados” e mesmo nos mostramos incrédulos.
Fixemos un pequeño estudo sobre a RAE e aí quedou todo, ata este ano. Entendemos moi ofensivo e mostramos indignación porque nós vivimos no rural e estamos orgullosos diso. Por tal motivo, redactouse unha carta para enviar á RAE, que previamente foi enviada ós concellos de Irixoa, Monfero e Vilarmaior. Polo tanto, un grupo de alumnos e alumnas do centro fomos o pasado xoves, 19 de abril de 2012 ós concellos de Monfero e Irixoa para presentar unha solicitude ou moción para que o pleno de cada concello a aprobe. Máis tarde, dúas compañeiras nosas foron ó concello de Vilarmaior para presentar a mesma moción. Na casa consistorial de Irixoa recibeunos David Souto, que lle deu entrada á moción e, este mércores, 25 de abril de 2012, asistimos con entusiasmo e contento ó Pleno da corporación municipal do Concello de Irixoa, onde aprobaron a moción por unanimidade, prestando un apoio total e absoluto ós nosos propósitos. Alí, Bea Abelairas, xornalista de “La Voz de Galicia”, asistiu ó pleno e fíxonos algunhas preguntas. Foi interesante facer a actividade e asistir ó pleno (unha lección de Sociais… Así entendemos o que era o “remanente”). E agora, para confinar os nosos propósitos precisamos da colaboración da xente, pois estamos a recoller sinaturas para envíalas, posteriormente, á Real Academia Española xunto coa carta. 

Antonio González López, 3º ESO CPI Virxe da Cela



7 comentarios:

  1. Manuel S. y Alex2 de mayo de 2012, 16:11

    Aunque nosotros no fuimos al ayuntamiento, creemos que de todas maneras hemos hecho un gran trabajo, pidiendo firmas hemos contribuído enormemente a la campaña por el cambio de los sinónimos de rural. Es una campaña de la que estamos muy orgullosos y pensamos seguir apoyando.

    ResponderEliminar
  2. Pareceme moi mal o que no diccionario apareca como sinonimo de rural tosco e inculto, e que os urbanos os alaven, cando os rurales non somos nin toscos nin incultos, porque todos temos cultura ainda que sexan difirentes, por iso loitemos porque iso se remate, e saquen eses sinonimos de rural ainda que non poñan ningun sinonimo positivo polo menos que saquen os negativos. Loitemos por iso!!!

    ResponderEliminar
  3. Sentímonos orgullosos de vivir no rural, e como nos nós sentimos orgullosos diso, queremos que non nos tomen como incultos e toscos, pois moitos rurais son máis listos que os do urbano, aínda que hai que decir que nos dous casos hai de todo. Considerámolo un insulto para a maioría da poboación española, xa que o 80% vive no rural. E a maioría das cousas proceden do rural.

    ResponderEliminar
  4. Pareceme moi ben que fagamos este traballo porque nos o que queremos non é que o eliminen senon que o cambien por outras palabras mellores, por eso pedimoslle a os concellos que nos axuden.
    Esto empezou sendo un traballo da clase de 1º de ESO e acabou sendo unha noticia do periodico.
    Nós non nos imaxinábamos que íamos chegar tan lexos nin que os concellos nos axudaran con esto.
    Esperamos que cambien esos termos por outros mellores.

    ResponderEliminar
  5. Raul e Ivan Miño2 de mayo de 2012, 16:23

    Nós estamos encantados de vivir no rural e sentimonos moi orgullosos e sobre todo non aceptamos a acepcion tosco e inculto. Ah! e por certo os urbanos, se non existise o rural, eles tampouco. De onde veñen os ovos? e o leite?

    ResponderEliminar
  6. Nos tamen estamos involucradas na "rebolución" contra as palabras que veñen no significado de RURAL.
    Nos estamos encantadas de ser rurales por todas as ventaxas que ten, ainda que tamen ten inconveientes pero nada relacionadas con esas palabras.As palabras citadas no dicionario non teñen nada que ver cas persoas dese lugar,a parte ainda que sexamos do rural temos moita cultura,e non somos toscos nin groseiros.

    ResponderEliminar
  7. adrian ,sara ,ruben e manuel2 de mayo de 2012, 16:25

    Estamos moi orgullosos de vivir no rural e facer o chamamento a RAE sobre as acepcións que aplica ó rural.A nos non nos parece ben que nos chamen toscos e incultos pedimoslle a xente que nos apolle.

    ResponderEliminar