lunes, 22 de octubre de 2012

OBRADOIRO DE CREATIVIDADE

O pasado venres día 19 de outubro de 2012, todo o alumnado da ESO participou dun interesante obradoiro de creatividade ofertado ao centro polo concello de Monfero. Baseado na cultura hip-hop, este obradoiro ofrecía diferentes ferramentas para fomentar a creatividade dos rapaces e rapazas, tanto a través da palabra, da imaxe, do son ou do movemento. Esta actividade incluiu un mini concerto didáctico, sucedéndose varios temas musicais e intercalando explicacións da cultura HIP-HOP. Posteriormente os rapaces e rapazas redactaron versos para construír o texto que daría lugar a un tema interpretado en estilo RAP. Tamén tiveron a oportunidade de expresar mensaxes a través da elaboración dun GRAFFITI colectivo. O broche final foi unha exhibición de baile BREAK-DANCE. Parabéns para os dous alumnos de 4º da ESO que tomaron parte desta actuación, amosando a súa arte nos movementos e as súas capacidades físicas na execución de acrobacias. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario