lunes, 30 de abril de 2018

I CERTAME DE CANCIÓN SOBRE A NATUREZA, OPERACIÓN NATUREZA (ON)

  A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do territorio, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, convoca o I Certamen de Canción sobre a Natureza, Operación Natureza (ON) cos seguintes obxectivos: promocionar, difundir e divulgar os valores do patrimonio natural de Galicia e incrementar a sensibilidade ambiental para fomentar actitudes que respeten o medio natural de Galicia. 
     Os concursantes poden ser alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ou de Centros de Educación especial , que poderán presentarse en grupos cun mínimo de dez persoas e un máximo de trinta compoñentes entre os que se inclúen voces, músicos e acompañantes. 
   Serán obxecto de valoración os seguintes aspectos: letra, interpretación vocal e instrumental, orixinalidade, creatividade, posta en escena, interese musical e artístico das composicións, calidade técnica e acompañamento dun videoclip. Xulgaranse ademais outros aspectos como a afinación, escenografía (se a houbese), grao de conxunción, presentación, vestiario en consonancia co tema da canción, valorando a composición do grupo (idades, número de integrantes, diversidade, etc). 
    O prazo de presentación das cancións comezará o 2 de maio de 2018 e rematará o 30 de maio de 2018. Para mais información: concurso.patrimonionatural@xunta.gal As bases do concurso expóñense a continuación e tamén se poden atopar no seguinte enlace:

 http://galicianaturaleunica.xunta.gal Concurso de Canción Infantil ON, Operación Natureza



No hay comentarios:

Publicar un comentario