Os nenos e nenas de infantil do cole de Ares, queren compartir con nós un proxecto no cal estiveron traballando no segundo trimestre. Nel investigaron sobre o espazo, os astronautas,os planetas, o sistema solar....Acompañados do robot Ares2R2 realizaron unha viaxe a través do espazo e do tempo para mostrarnos todo o que aprenderon. Aquí a podedes ver no seguinte vídeo. Esperamos que vos guste.
martes, 29 de marzo de 2016
viernes, 18 de marzo de 2016
jueves, 17 de marzo de 2016
LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL DA AELG
Achegámoslles noticia da incorporación de dúas novas unidades didácticas ao Espazo Didáctico da web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), unha plataforma para a divulgación de contidos pedagóxicos e experiencias didácticas relativos ao feito literario nas diferentes etapas educativas (primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, sen esquecer aquel alumnado con necesidades educativas específicas.
Con estas novas incorporacións a AELG, coa colaboración de Deputación Provincial de Lugo, pretende achegar un material complementario que sirva para traballar o apartado da literatura popular na materia de Lingua e Literatura Galega nos cursos de 1° e 2° de ESO e 1º de Bacharelato. Son as seguintes, ambas baseadas no material videográfico recollido no Arquivo de Literatura de Tradición Oral da web da AELG:
• A literatura popular nas Polafías, elaborada por Xosé Manuel Varela. Unha unidade didáctica que incide nos xéneros da narrativa e da poesía e que ten, entre outros, o obxectivo de dar a coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa conservación e mellora e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.
• Patrimonio vivo: Mestras e Mestres da Memoria, elaborada por Antonio Reigosa. Unidade didáctica para complementar os contidos das unidades da materia de Lingua e Literatura que tratan a oralidade na comunicación e como soporte de creación literaria. Incide nas formas de expresión oral de uso máis común (narración, diálogo, entrevista…), no coñecemento da literatura oral e os seus principais xéneros (mito, lenda, conto, romance…) e a súa conexión coa literatura escrita ou culta. Ademais, chama a atención e singulariza as persoas da comunidade, con nome e apelidos, aquí denominadas Mestres e Mestras da Memoria, que se expresan e comunican case en exclusiva de forma oral, e que teñen que facer uso desta facultade humana para transvasar desde a xeración anterior á posterior (e, de camiño, recrear e actualizar) historia, literatura e outros moitos coñecementos.
lunes, 14 de marzo de 2016
CONTACONTOS KALANDRAKA
Co motivo das xornadas de portas abertas celebradas para os pais e nais dos próximos alumnos de 3 anos, tivemos a sorte de poder ter no cole o contacontos de kalandraka.
Contaron 3 contos moi divertidos que tiveron a todo o alumnado hipnotizado.
jueves, 10 de marzo de 2016
FALEMOS DA NOSA HISTORIA
Un ano máis, o CEIP Antonio López Ferreiro de Santiago de Compostela organiza o concurso de redacción e investigación históricaFalemos da nosa historia dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de secundaria. O lema desta XII edición é: Se vas a San Benitiño, non vaias ao de Paredes... Se estades interesados/as en participar, lembrade que o prazo de entrega dos traballos ampliouse ata o 31 de marzo.
No arquivo poderedes consultar as bases da convocatoria.
miércoles, 9 de marzo de 2016
RECURSOS DIDÁCTICOS MANUEL MARÍA
No ánimo de seguirmos ofrecendo ao longo de todo o curso todo tipo de ferramentas que permitan o traballo didáctico nas aulas arredor da obra de Manuel María, achegamos agora información de novos recursos que xa temos dispoñíbeis na nosa páxina web: www.casamuseomanuelmaria.gal.
Trátase, como todos os que xa fomos achegando nos últimos meses, de materiais de uso totalmente libre que compartimos na rede precisamente coa intención de que se aproveiten para o traballo complementario á lectura das obras do escritor ao que este ano se dedican as Letras Galegas.
Estes novos recursos son un conxunto de escolmas poéticas elaboradas arredor dunha serie de elementos moi presentes no universo poético de Manuel María: as plantas, árbores e flores, as aves, os animais e o tempo; elementos todos presentes, dunha maneira ou doutra, en todos os libros que máis se axeitan ao traballo escolar.
Pódese acceder ás ditas escolmas poéticas a través da sección Recursos da nosa páxina web (columna da esquerda), clicando sobre a lapela Outros. A seguir aparecerá unha listaxe de arquivos en formato PDF entre os que figuran estes novos recursos.
Algúns centros están a dirixirse a nós para solicitarnos fotografías de Manuel María das que poder facer libre uso e tamén imaxes dalgunhas das portadas das súas obras máis senlleiras. Tamén desde a nosa páxina web intentamos cubrir esa demanda: na sección Fotobiografía vimos de incorporar unha opción de descarga a carón de cada imaxe, o que permite mesmo a súa impresión nunha resolución moi aceptábel. Na sección de Outros, na categoría de Recursos, incorporamos en PDF as imaxes das portadas de todas as publicacións que vimos editando desde a Casa-Museo, incluindo algúns dos títulos máis emblemáticos de Manuel María.
Agardando que estas ferramentas redunden positivamente no traballo nas aulas arredor do escritor e da lectura da súa obra, quedamos á súa enteira disposición.
Reciban un cordial saúdo.
Casa-Museo Manuel María. Outeiro de Rei da Terra Cha.
sábado, 5 de marzo de 2016
martes, 1 de marzo de 2016
MANDARINA TEATRO
Deixamos á vosa disposición o guión da obra teatral "Mandarina", escrita polo alumnado de 3º da ESO e interpretada tamén por este grupo de rapaces e rapazas no festival de Entroido 2016. Coas imaxes e cos textos poderedes lembrar ese culebrón en familia, que xa tivo os seus inicios no festival de Nadal a través da obra teatral "Noiteboa". Animamos a estes xeniais actores e actrices a escribir unha terceira parte para ofrecernos no festival de Fin de Curso!!!
Mandarina texto from satelite1
Suscribirse a:
Entradas (Atom)