miércoles, 19 de diciembre de 2018

I CERTAME DE PODCAST E RELATO RADIOFÓNICO XOSÉ MOSQUERA PÉREZ

O IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, en colaboración coa SXPL e Arraianos Multimedia, acaban de convocar o I Certame de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez co fin de divulgar o traballo desta singular figura do galeguismo e promover entre o alumnado e creatividade literaria en galego. Neste certame poderá participar alumnado de 6.º de primaria e de todos os cursos de secundaria. Os poscast e os textos, pensados para ser radiados, tratarán algún aspecto relacionado con Antón Fraguas e deberán enviarse ata o 17 de maio a: certameradiofonico@iesrosaliadecastro.org.

NÓS TAMÉN CREAMOS

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio Televisión de Galicia, convocan a VIII edición dos premios a curtas de animación Nós tamén creamos! O concurso está dirixido a alumnado de educación infantil e de 1.º a 4.º de primaria. O prazo para presentar as solicitudes remata o día 12 de xaneiro de 2019. 

lunes, 10 de diciembre de 2018

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS

O pasado mércores 5 de decembro de 2018  celebrouse a carreira de campo a través en Vilasantar co alumnado de Primaria (dende 2º ata 6º),organizada polo departamento de E.F. de Primaria do CPI Plurilingüe Virxe da Cela e polo Coordinador de deportes do Concello de Monfero. Competiron contra outros colexios da zona, cada un e unha na súa modalidade, e o máis importante, foi unha experiencia moi boa e divertida.












viernes, 30 de noviembre de 2018

TEATRO. "PROXECTO NOEE".

O xoves, 29 de novembro, os alumn@s de 1º,2º,3º e 4º curso de EP asistiron á representación teatral da obra "Proxecto Noee" da Compañía Sarabela que relata a historia de tres pingüíns que se enfrentan ás consecuencias do cambio climático.
Esta obra agrupa os valores da amizade, a igualdade, o espíritu crítico e a conservación do planeta.

PACO NOGUEIRAS.

Este mércores  30 de novembro estivo no noso cole Paco Nogueiras. Sí, sí,os nenos e nenas de EI e EP poideron participar e disfrutar do seu espectáculo.








martes, 27 de noviembre de 2018

ALIMENTACIÓN SAUDABLE: ALGO MÁIS QUE UN RETO







     O pasado día martes 20 de novembro, e dentro da Escola de familias do centro (en colaboración coa ANPA) tivemos un encontro ao redor da alimentación saudable. Contamos coa presenza de Iria González, graduada en Nutrición Humana e Dietética e exalumna do centro educativo. Vimos a importancia de ter uns hábitos saudables desde as máis temperas idades, como é importante concienciar do consumo de produtos de tempada, analizamos os mitos máis comúns sobre a alimentación e vemos como os alérxenos afectan á alimentación. Foron algúns dos temas que se trataron, así como dar visibilidade a cantidade de azucres que conteñen os alimentos e non coñecemos.

viernes, 16 de noviembre de 2018

XIV XORNADA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

      Escolas Católicas de Galicia organiza a XIV Xornada de Normalización Lingüística destinada, un ano máis, a todo o profesorado de centros públicos, concertados e privados. O programa ofrece propostas moi variadas, desde o relatorio de Clodio González sobre estratexias didácticas para coñecer a figura de Antón Fraguas ata unha mostra de experiencias dinamizadoras centradas en eidos como a ciencia, a banda deseñada ou os xogos tradicionais, entre outros. 
      A actividade desenvolverase o 23 de novembro no Consello da Cultura Galega. Se estades interesados/as en asistir, lembrade que o prazo de inscrición remata o día 20. Tedes toda a información e o formulario para inscribirvos en: 

https://www.escolascatolicas.es/xornada-dinamizacion-linguistica/

jueves, 15 de noviembre de 2018

DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO CULTURAL

PONTE...NAS ONDAS! convida aos centros educativos a celebrar o DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO CULTURAL. Achegamos recursos educativos sobre o patrimonio para descargar ou para traballar on line :
 http://pontenasondas.org/recursos/

 Ao mesmo tempo convidamos a participar no 2º CERTAME " AS IMAXES DO PATRIMONIO " :

http://pontenasondas.org/2a-edicion-do-certame-de-recolla-das-imaxes-do-patrimonio-cultural-inmaterial-galego-portugues/


jueves, 8 de noviembre de 2018

II CERTAME DE NARRACIÓN HISTÓRICA

Poñemos á vosa disposición as bases do II Certame de Narración Histórica do CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela. O obxectivo deste exitoso concurso de relatos é recrear a historia e intrahistoria de Galicia a partir da investigación sobre sucesos, personaxes ?reais ou lendarios-, datas, monumentos? que foron determinantes no devir histórico da nosa comunidade desde a antigüidade ata o s. XX. A convocatoria está aberta ao alumnado de 5.º e 6.º de EP e de 1.º e 2.º de ESO de todos os centros educativos galegos.

SIMPOSIO MARÍA VICTORIA MORENO


CONCURSO-EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2019

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) publicou onte, 30 de outubro, a convocatoria do Concurso-Exposición sobre Antón Fraguas Fraguas, o autor escollido pola RAG para celebrar o Día das Letras Galegas do ano 2019. O prazo de presentación dos traballos remata o día 22 de xaneiro de 2019. O profesorado participante neste concurso recibirá unha certificación de premio de innovación educativa (20 horas de formación permanente para o profesorado e 30 para o coordinador ou coordinadora).

SAÍDA AO ESKAPARK


miércoles, 31 de octubre de 2018

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Xornada festiva no CPI Plurilingüe Virxe da Cela para celebrar o Samaín. En horario de tarde todo o alumnado e profesorado do centro reuniuse no patio cuberto para participar nunha gymkana de xogos tradicionáis nos que as castañas e as cabazas foron elementos recurrentes. Non faltaron disfraces para ambientar a celebración, e aproveitamos tamén esta ocasión para entregar os diplomas do concurso de "Decoración de portas Samaín", e incluso o alumnado de 3º e 4º da ESO organizou un pequeno punto de venda de doces e pastéis para recadar cartos para a excursión de fin de curso. 

















martes, 30 de octubre de 2018

CHEGA O SAMAÍN AO NOSO COLE


Cando se achega o final do mes de outubro, o Samaín comeza a estar presente… Esta festividade que agora rememoramos, ten a súa orixe nas celebracións que o pobo celta vivía durante días para dar remate á tempada das colleitas e dar tamén comezo a un novo ano. Os antigos celtas dividían o ano en dúas metades: unha luminosa, de fartanza, calor e verán , e outra  escura, de escaseza, frío e inverno. No medio das dúas quedaba a noite de Samaín, unha noite máxica na que os espíritos malignos quedaban ceibes e os defuntos visitaban as casas. Nesas celebracións, a través de druídas, contactaban cos ancestros e estes viñan visitar aos vivos…e para guialos colocaban caveiras acendidas nos seus fogares; de aí que agora se conmemore decorando cabazas.

Coa chegada dos romanos e máis tarde do cristianismo a noite converteuse na de Todos os Santos, aínda que pola costa atlántica de Europa pervivíu  a costume de lembrarse dos mortos e a crenza de que as meigas elixían o 31 de outubro para realizar os seus aquelarres.
En Irlanda, as vellas tradicións conserváronse durante toda a Idade Media, e foron os inmigrantes irlandeses os que levaron as vellas costumes aos Estados Unidos. Foi así como esta festa de orixe celta converteuse en Halloween.

 E no noso cole andamos entre cabazas, pantasmas e portas terroríficas celebrando o samaín.





 Invitámosvos a  visitar o recantiño de lecturas de terror onde encontraredes un montón de libros de medo… medo????, quen dixo medo???. Atrévete a descubrilos!!! 

             

jueves, 25 de octubre de 2018

MISIÓN FUTURO

     A Fundación Mapfre invitou ao noso centro escolar a participar na campaña “Misión futuro”, campaña que ten como obxectivos sensibilizar ao alumnado sobre a importancia do aforro e a previsión de futuro como medida de protección fronte aos riscos que poidan xurdir e proporcionar ferramentas para converterse en cidadáns autónomos e informados. Participou todo o alumnado da ESO, o mércores 24 de outubro de 2018, da man de Verónica de Ciencia Divertida, empregando materiais multimedia e Realidade Aumentada para a realización das distintas actividades, todas elas interactivas.






jueves, 18 de octubre de 2018

O NOSO COLE, O VIRXE DA CELA, NO ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA RAG


O martes 16 de outubro de 2018 ás  11:00 horas  alumn@s e profes do noso cole, o Virxe da Cela, asistiron no salón de actos da Real Academia Galega á entrega de premios  Contádenos o voso Día das Letras. Dito galardón, creado pola RAG, ten como  obxectivo coñecer e difundir cómo celebraron o Día das Letras Galegas os centros encargados da educación do alumnado de menor idade, ao abeiro da Primavera das Letras. Este proxecto web da RAG fornece desde 2016 a comunidade escolar de contidos lúdicos e didácticos arredor da figura protagonista do 17 maio desde unha perspectiva interdisciplinaria.
No acto estiveron presentes os tres centros gañadores:
CPI P Virxe da Cela (Monfero)
EEI do Milladoiro ( Ames)
CEIP Anxo da Garda  (A Coruña)
Así mesmo presidiron a xornada Victor Freixanes (presidente da Academia Galega), Francisco Castro (director xeral da Editorial Galaxia), a escritora Fina Casalderrey, Teresa Rocamonde, (responsable de comunicación de Bolanda), Andrea Jamardo (responsable de Urco Editora) e Pedro Ferriol (viúvo da escritora María Victoria Moreno).
 O noso centro apostou pola linguaxe radiofónica. O alumnado de primeiro e segundo gravou un conto inspirado en personaxes das obras de María Victoria Moreno. Pola súa banda o alumnado de 4º de EP realizou un programa dedicado á autora con entrevistas a Eli Ríos, Monste Pena, Francisco Castro, Fran Alonso e Andrea Jamardo, dentro do noso programa de  Radio escolar tan ben levado por Sergio Pascual y Lucía Abarrategui e financiado por Ayuda en Acción e a Fundación Repsol.
Ademais, a xornada tivo un remate  moi especial xa que compartimos co CEIP Anxo da Garda unha xornada de convivencia e xogos no centro coruñes. Ámbolos dous centros levamos tres anos colaborando para achegar realidades culturais e sociais diferentes, pero ao mesmo tempo enriquecedoras, tomando como nexo de unión o apego pola identidade cultural e a revalorización do medio natural como punto de partida para o deseño de actividades compartidas.

Parabéns a tod@s polo voso traballo!!!!!

Aquí deixamos varios videos do acto

             

            

jueves, 11 de octubre de 2018

COÑECES A ALGUÉN?? EXALUMNOS DO CPI VIRXE DA CELA


DOMINGO FONTÁN E A CARTA XEOMÉTRICA DE GALICIA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega de Ciencias, acaba de presentar unha unidade didáctica sobre Domingo Fontán. Será moi útil para dar a coñecer a figura deste matemático e científico galego e comprender a importancia da súa obra, na que destaca a Carta Xeométrica de Galicia. 

ANTÓN FRAGUAS

Tedes á vosa disposición unha unidade didáctica dirixida ao alumnado de educación primaria que ten como finalidade divulgar a figura de Antón Fraguas Fraguas, o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2019.

PUNTO DE INFORMACIÓN XUVENIL CONCELLO DE MONFERO

Rapaces e rapazas. Tedes á vosa disposición o PIX (Punto de Información Xuvenil) do Concello de Monfero, situado na Casa do Concello (Rebordelo). O enderezo en instagram é @xuventudemonfero

 

miércoles, 10 de octubre de 2018

ACTUACIÓN DE XOAN CURIEL


Unha vez máis tivemos a sorte de contar con Xoan Curiel no noso cole. Nesta ocasión achegounos o seu espectáculo “A casa do terror” na que xunto con dúas compañeiras se ve obrigado a durmir nunha casa encantada na que se atopan con personaxes coma o monstro da lavadora, ratatiburóns, gativampiros ou as pulgas zombis. Foi un espectáculo moi participativo no que algún do noso alumnado acabou convertido en esqueleto e outros tiveron a sorte de probar unha receita “terrorífica”.






viernes, 5 de octubre de 2018

IX DÍA DA CIENCIA EN GALEGO: A CULTURA CIENTÍFICA E A CULTURA GALEGA

O título da temática deste ano no Día da Ciencia en Galego vai ser A cultura científica e a cultura galega como patrimonio cultural europeo. A UE declarou o ano 2018 como o Ano do Patrimonio Cultural Europeo e nos os celebramos así.

jueves, 27 de septiembre de 2018