Dende o inicio deste curso escolar os peques de Infantil estamos a traballar nun proxecto de piratas. Proxecto que xurdiu ao decorar a nosa porta da aula cun pirata. Isto levou a que nos tiñamos que buscar un nome, e que mellor que contar coa nosa contorna, a de Monfero, e máis concretamente O Río Lambre. Ademais da propia definición de pirata: “ individuo adicado a realizar roubos, saqueos e secuestros en embarcacións”. Así pois, decidimos chamarnos e ser coñecidos como “OS PIRATAS DO RÍO LAMBRE” .
As nosas singladuras chegaron a ouvidos dun pirata xenuíno e brabucón chamado PARCHERATA, sempre acompañado do seu loro PLUMALOCA. Este pirata andaba na procura dunha tripulación, pero non unha calquera, senon unha tripulación comprometida no saqueo das BIBLIOTECAS e acumular grandes tesouros: OS LIBROS.
Foi así que, na tarde do 20 de novembro, namentres traballabamos tranquilamente na aula, Parcherata ollábanos dende a fiestra. Petou á porta, entrou e... o que alí aconteceu o veredes a continuación. DISFRUTADE COMO O FIXEMOS NÓS!!!
Parcherata é un pirata xenuíno e brabucón
ao que lle gustan os libros un montón.
Surca ríos, mares e océanos
na procura da ilusión dos nenos.
Deste xeito chegou ata nós
e fíxonos membros da súa tripulación.
Grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario