miércoles, 25 de diciembre de 2019

CONCURSO DE CURTAS "SENDAS DOS FAROS"

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) acaba de convocar o Concurso de Curtas Senda dos Faros, coa finalidade de fomentar o uso e a imaxe positiva da lingua galega a través da posta en valor do patrimonio material e inmaterial do territorio polo que atravesa esta ruta​ litoral. Establécese unha única categoría destinada a alumnado de ESO, bacharelato, FP básica, ciclos formativos de grao medio e ensinanzas especiais de grao medio dos centros sostidos con fondos públicos. Ademais de seis premios para os centros gañadores, outorgarase unha certificación de Premio de Innovación Educativa a cada docente responsable dos traballos que acaden o 1.º, 2.º e 3.º galardóns. O prazo para solicitar a participación rematará o 30 de xaneiro e a data límite de envío dos vídeos será o 30 de marzo.

sábado, 21 de diciembre de 2019

CPI VIRXE DA CELA. FESTIVAL DE NADAL 2019

Hoxe , como tódolos anos celebramos o festival de Nadal.  E como as veces é mellor unha imaxe que mil palabras, aquí vos deixamos as  estupendas actuacións  dos alumnos/as do noso cole.

Desde o  CPI Plurilingüe Virxe da Cela deséxavos un Bo Nadal e unhas Felices vacacións.

























martes, 17 de diciembre de 2019

IX EDICIÓN NÓS TAMÉN CREAMOS


A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio Televisión de Galicia, convocan a IX edición dos premios a curtas de animación Nós tamén creamos! O concurso está dirixido a alumnado de educación infantil e de 1.º a 4.º de primaria. O prazo para presentar as solicitudes remata o día 20 de xaneiro e a data límite de envío das curtas será o 30 de abril de 2020.




jueves, 5 de diciembre de 2019

VI CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A Deputación da Coruña convoca o VI Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero para concienciar e sensibilizar a mocidade e a poboación en xeral sobre as violencias exercidas sobre as mulleres. Esta nova convocatoria céntrase especialmente na violencia económica e a discriminación no eido laboral. No certame poderán participar estudantes de entre 12 e 18 anos, individualmente ou en grupo, que cursen educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga nos centros públicos da provincia da Coruña. Os traballos non superarán as 4 páxinas e deberán presentarse por vía telemática na sede electrónica da Deputación da Coruña ata o 11 de decembro ás 14:00 h.




miércoles, 4 de diciembre de 2019

PALABRAS CON MEMORIA

PALABRAS CON MEMORIA é unha iniciativa da AELG que ten por obxecto recuperar palabras nosas en desuso, ou sexa, en perigo de extinción. E tamén palabras e expresións que non recollen os dicionarios. A persoa que visita esta sección da web, ademais de consultar o glosario mensualmente actualizado pendurado nela, poderá enriquecelo enviando os vocábulos que teña arrombados no faio da lembranza ao enderezo palabra.con.memoria@aelg.org ou enchendo este formulario. Se algunha palabra enviada non aparece na listaxe é que foi localizada nalgún dicionario.

 web palabras con memoria


2º CERTAME DE PODCAST XOSÉ MOSQUERA PÉREZ

O IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte nas Ondas, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e doutras entidades, convocan o 2.º Certame de Podcast Xosé Mosquera Pérez. Poderá participar alumnado de 11 a 18 anos de centros de educación primaria (6.º curso) e doutros centros de ensino non universitario de Galicia. Os poscasts tratarán algún aspecto relacionado co patrimonio literario de Galicia e Portugal e coas súas figuras relevantes. Os traballos deberán enviarse ata o 17 de maio de 2020 a certameradiofonico@iesrosaliadecastro.org. A solicitude para participar debe formalizarse antes do día 28 de febreiro de 2020. Achegámosvos as bases na seguinte ligazón: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0098/certame-escolar-podcasts-galego-xose-mosquera-perez




martes, 3 de diciembre de 2019

OS MONICREQUES DE KUKAS

Luns 2 de decembro 2019, compañía Os Monicreques de Kukas, coa obra "O encoro encantado", para educación infantil e educación primaria.