martes, 17 de diciembre de 2013

UN PERCORRIDO POLA HISTORIA DO BAILE MODERNO

Ofertado polo Concello de Monfero, e dentro da programación cultural da Deputación da Coruña, o alumnado do CPI Virxe da Cela tivo a oportunidade de recibir un divertido e interesante obradoiro sobre a historia do baile moderno (martes 16 de decembro de 2013). Unha voz en off narraba en lingua galega todas as etapas que tiveron lugar no desenvolvemento do baile moderno durante as pasadas décadas, explicando con todo detalle as súas características formais e estilísticas. Dúas bailarinas danzaron ao ritmo dos diferentes estilos que se ían sucedendo, ilustrando con todo detalle a evolución deste estilo de baile que ten as súas orixes nos barrios máis humildes da Norteamérica dos anos setenta e oitenta. Debemos facer unha mención moi merecida a un grupiño de alumnos e alumnas que se atreveron a aprender algunhas das coreografías para interpretar diante de todos os seus compañeiros/as. 

lunes, 16 de diciembre de 2013

RECURSOS PARA O NADAL

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, co motivo da celebración do Nadal, pon á vosa disposición as seguintes iniciativas:  PREME NAS IMAXES PARA ACCEDER AOS RECURSOS

  Recursos e materiais dos EDLG 




Postais en galego

Cartas ás Súas Maxestades de Oriente




O libro dos Reis Magos


                         
                                 O libro dos Reis Magos from Yolanda Castro López

martes, 10 de diciembre de 2013

ROSCA DE MILLO 3 ANOS


OBRADOIRO DE POESÍA, PINTURA E MÚSICA

A Rede Cultural da Deputación da Coruña ofertou este obradoiro para educación primaria, impartido no CPI Virxe da Cela o pasado mércores 4 de decembro de 2013. Aunando estas tres facetas de creación artística, os rapaces e rapazas participaron nesta enriquecedora actividade, lucindo todas as súas dotes para as artes. Aquí vos queda unhas imaxes para lembrar este obradoiro, así como a letra da fermosa e divertida canción Dona Laura Vacaloura (composta por Juan Carlos Vázquez e María Lires).

O pasado catro de decembro, os alumnos de primeiro e segundo ciclo de educación Primaria participaron nun taller de poesía, música e pintura impartido por María Ures ( ilustradora e poetisa) e Juan Carlos Vázquez (compositor e mestre de Música).
Nun ambiente moi lúdico e participativo iniciáronse en técnicas vocais (respiración, postura corporal) e plásticas (mistura de cores, pintura en lenzo). Como resultado de todo isto elaboraron dous cadros multicores e aprenderon a canción titulada “ Dona Laura Vacaloura”.

A experiencia foi moi positiva e tanto os mestres como os nenos manifestaron o seu desexo de repetilo en canto fose posíbel.


















ROSCA DE MILLO

domingo, 1 de diciembre de 2013

O GALEGO DESDE O SILENCIO

Videoclip dirixido por Gonzalo Enríquez Veloso con imaxe de Santiago Teijelo, da canción escrita por Clara Pino e o alumnado de 2º da ESO A, B, C e 3º da ESO C do IES Xelmírez I, con música de Clara Pino e Pablo Vidal e traducida a lingua de signos por Tareixa Martínez.
Este videoclip pertence a un proxecto de innovación en dinamización lingüística do IES Xelmírez I de Santiago: "O Galego, desde o silencio", premiado no curso 2012-13 pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

viernes, 15 de noviembre de 2013

lunes, 11 de noviembre de 2013

DINAMIZACIÓN DO GALEGO NUNHA CONTORNA RURAL

O EDLG do CPI Virxe da Cela presentou o pasado luns 11 de novembro o relatorio "Dinamización do galego nunha contorna rural" no Curso de Galego para Profesorado en Prácticas impartido no CEFORE de Ferrol. Durante un tempo aproximado de 1 hora presentamos as actividades máis significativas levadas a cabo o pasado curso académico 2012-2013, incluídas dentro do noso Proxecto de Fomento do Uso do Galego.

 

sábado, 9 de noviembre de 2013

A LUS DO MUNDO

Transcribimos o comentario que o noso ex-alumno e agora colaborador, Antonio González, fai en referencia á entrada "Concurso-exposición Letras Galegas 2014"
 
 
Sería de interese introducir no blog a ligazón do vídeo que, no curso pasado 2012/13, alumnos/as do IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz) elaboraron co fin de conseguir a dedicación do Día das Letras Galegas a este home, "o poeta de Guitiriz". Ademais, neste instituto xa da provincia de Lugo, estudaron algúns alumnos do noso cole; hoxe están alí matriculados Natalia Rodríguez, María Barral, Javier Bouzón e Óscar Paz, da promoción 2012/13.
 
Pois aí vai o video pendurado. A verdade é que trátase dun vídeo de grande calidade técnica, moi didáctico, moi orixinal, na que non so o poeta Díaz Castro é o protagonista, senón que tamén o son todos os rapaces e rapazas do instituto, así como a xente da rúa, que participan da acción nun enxebre escenario, a plaza de Guitiriz o día da feira. Premio ao que atope a Natialia, Javier, María, Óscar ou Torrado (creo que todavía anda por ese lares).
 
Queremos convidar públicamente ao noso benquerido Antonio a que asista ao noso cole a impartir unha charla sobre Día Castro alí polo mes de Maio, e así inaugurar a súa carreira profesional como conferenciante.
 

jueves, 7 de noviembre de 2013

CONCURSO EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2014

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, de conformidade co establecido no artigo 16 do Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 13, do 18 de xaneiro de 2013), con motivo do Día das Letras Galegas, convoca un concurso para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2014 (Xosé María Díaz Castro), e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica na que este viviu.

martes, 5 de noviembre de 2013

MATERIAIS PARA TRABALLAR O IV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon tamén á vosa disposición  materiais relacionados co IV Día da Ciencia en Galego que, nesta ocasión, está dedicado a dúas temáticas: por unha banda, á arte e a ciencia e, pola outra, á estatística. Esta conmemoración servirá tamén para homenaxear e lembrar tres figuras singulares: Isaac Díaz Pardo, Florence Nightingale e Richard Buckminster Fuller. Se premedes na seguinte imaxe faredes o enlace directo á páxina oficial de Ciencia en Galego.

http://www.xunta.es/linguagalega/dia_da_ciencia_2013


OUTONO


A caída das follas é un dos signos da inmenente chegada do outono. Polos corredores do noso cole os mais pequenos fixeron a decoración desta época, e como é tempo de recollemento e dos primeiros fríos aproveitan para arrimarse á cociña e experimentar aquelas receitas xa herdadas dos nosos ancestros. Tempo do magosto, das castañas, do Samaín, que nos ofrece unha boa disculpa para realizar actividades motivadoras para o noso alumnado.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon á nosa disposición no seu espazo web novos recursos para este o tempo de outono. No seguinte enlace atoparedes materiais e recursos didácticos adicados ao tempo de outono.

http://www.xunta.es/linguagalega/outono_2013

O CPI VIRXE DA CELA NAS XORNADAS INICIAIS DO PLAN PROXECTA

Xa sabedes que o pasado curso académico o CPI Virxe da Cela participou en varias iniciativas do Plan Proxecta. Unha delas foi o Proxecto Ríos, coordinado desde o departamento de CCNN pola profesora María José Fandiño, e incluído dentro das actividades do noso Proxecto de Fomento do Uso do Galego. Para darlle un enfoque más disciplinar a este proxecto, uníronse varios departamentos (CCSS, Relixión, Música, e Francés entre outros), cada un coa súa orixinal aportación, contribuíndo a enriquecer esta abordaxe á temática dos ríos desde o estudo da cultura e da tradición. O resultado gustou tanto que convidaron ao noso centro a expoñer o traballo elaborado na xornada inicial do Plan Proxecta que tivo lugar en Santiago de Compostela o pasado sábado 26 de outubro de 2013.

Nestas mesmas xornadas o CPI Virxe da Cela fixo dobrete, xa que dentro do apartado "Doce meses, doce paisaxes" presentouse o proxecto "A nosa vida, a nosa paisaxe", desenvolvido tamén o pasado curso académico no noso centro e coordinado pola profe de primaria Mª Camino Pereiro, e no que traballaron diferentes niveis educativos (EP e ESO), de novo con diferentes departamentos implicados. No pasado mes de maio xa fixemos unha crónica sobre este proxecto, que foi premiado naquel entón.

Nos seguintes enlace podedes obter máis información sobre a intervención do CPI Virxe da Cela nas Xornadas Iniciais do Plan Proxecta.

http://www.proxectorios.org/index.php?option=com_content&task=view&id=332&Itemid=29
 
 

http://www.cmati.xunta.es/axenda21/?p=4326

viernes, 25 de octubre de 2013

                                                                ANIVERSARIOS DE SETEMBRO EN INFANTIL











miércoles, 23 de octubre de 2013

DESCUBRIMOS O MUNDO DAS BÁSCULAS

UN DOS INSTRUMENTOS NECESARIOS PARA AS NOSAS RECEITAS É A BÁSCULA. OS NENOS DESCUBRIRON QUE É UNHA BÁSCULA, PARA QUE SERVE, INVESTIGAMOS QUE TIPOS DE BÁSCULAS HAI E PARA QUE PESOS ESTÁN DESTINADAS.
FIXEMOS ESTIMACIÓNS E APROXIMACIÓNS DE PESOS.

 BUSCAMOS EN INTERNET DIFERENTES TIPOS DE BÁSCULAS.



MARMELADA DE MAZÁ

O mércores 16 tocou cociñar con mazás. Aquí vos deixamos a nosa receita e a nosa experiencia.
 DESCUBRÍMOS COMO É UNHA MAZÁ. AS SÚAS PARTES, A SÚA ÁRBORE, ONDE TEN AS SEMENTES, AS POSIBILIDADES ALIMENTARIAS E OS SEUS BENEFICIOS.

TOCOU PELAR E DESCUBIR A TEXTURA E A COR DAS MONDAS DAS MAZÁS.





 PREPARAMOS OS INGREDENTES PARA COCIÑAR.
 ENTRE OS INGREDENTES ESTÁ O LIMÓN. DESCUBRIMOS O SEU SABOR E POLA CARA DOS NENOS CREO QUE NON É DOCE.




 TOCA REMEXER PARA QUE NON SE QUEIME E ...... MOITA PACIENCIA.
 O MELLOR..... A DEGUSTACIÓN.