jueves, 7 de noviembre de 2013

CONCURSO EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2014

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, de conformidade co establecido no artigo 16 do Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 13, do 18 de xaneiro de 2013), con motivo do Día das Letras Galegas, convoca un concurso para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2014 (Xosé María Díaz Castro), e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica na que este viviu.

1 comentario:

  1. Sería de interese introducir no blog a ligazón do vídeo que, no curso pasado 2012/13, alumnos/as do IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz) elaboraron co fin de conseguir a dedicación do Día das Letras Galegas a este home, "o poeta de Guitiriz". Ademais, neste instituto xa da provincia de Lugo, estudaron algúns alumnos do noso cole; hoxe están alí matriculados Natalia Rodríguez, María Barral, Javier Bouzón e Óscar Paz, da promoción 2012/13.

    Esta é a ligazón: http://www.youtube.com/watch?v=ij_so2elqsw, vídeo bastante elaborado polo centro, titulado “A lus do mundo” Botádelle unha ollada!

    ResponderEliminar