Adianto Actividades 23_24 by veracruces on Scribd
Adianto Actividades 23_24 by veracruces on Scribd
Hoxe contamos cunha actividade moi especial:
tres obradoiros para coñecer a importancia ecolóxica e ecosistémica dos fungos
nos nosos bosques. O seu punto de partida foi a exposición “Wood Wide Web, a rede que dá vida a
o planeta”. Desta forma, o alumnado de 4º, 5º e 6º curso
da etapa da Ed. Primaria tivo a oportunidade de aprender dunha forma amena un
montón de aspectos significativos dos fungos que nos rodean ao tempo que
valoraban a súa importancia para o ecosistema. Tamén, as pautas básicas da súa
recollida.
"Unha escola no medio e para o medio" é o título da presentación do CPI Virxe da Cela, por parte da súa directora María Camino Pereiro González, no Encontro-Seminario sobre a Educación no Rural que tivo lugar no noso centro educativo o pasado sábado 16 de setembro de 2023. A través desta exposición oral, xunto coa presentación gráfica que servía de apoio, os/as asistentes ao encontro poideron ter acceso a datos actualizados sobre este centro educativo situado no rural e coñecer as claves da súa pervivencia.
Cpi Plurilingüe Virxe Da Cela -Encontro Rede by veracruces on Scribd
O CPI Virxe da Cela (Monfero) foi o centro anfitrión para acoller o Encontro-Seminario sobre a Educación no Rural, o sábado 16 de setembro de 2023, promovido pola Rede do Rural.
A Rede do Rural é unha comunidade diversa de persoas, colectivos, organizacións e entidades vencelladas polo fío transversal da defensa dun medio rural desenvolvido desde a sostibilidade ecosistémica como garante da sostibilidade socioeconómica.
A Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural, abreviadamente chamada REDE DO RURAL, xorde como reacción ante a situación de xeral desfeita que sofre o mundo rural. Constitúese esta Rede, con vocación de funcionamento asembleario, dentro dunha conformación de pluralidade e coincidindo na inquedanza común de preservar e desenvolver o rural galego.
Encontro PEER en Monfero by veracruces on Scribd
Este sábado, 16 de setembro acolleremos no centro unha nova xornada dos Encontros-seminarios sobre a educación no medio rural organizados pola Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural
Será un encontro distendido no
que falar e debater dunha realidade con identidade propia pero ao mesmo tempo,
diversa pola súa gran variedade.
Estades convidado/as*!!!!
*Para participar presencialmente ou por videochamada chega con remitir un correo a regaeder@gmail.com