miércoles, 23 de noviembre de 2016

CHEGOU O GRAN DÍA

O CPI Virxe da Cela segue apostando pola radio como unha ferramenta para mellorar as habilidades comunicativas do alumnado, incentivar a creatividade e aprender. Este é o primeiro conto do alumnado de 1º de primaria. O seu primeiro encontro co micro.


Preme na imaxe para escoitalo


lunes, 21 de noviembre de 2016

O BOSQUE MÓVESE CON ÁNXELA BLANCO

O venres 11 de novembro o alumnado de Infantil puido descubrir da man de Ánxela Blanco os sons do monte e dos seus habitantes: mouchos, esquíos, raposos… 













ACTUACIÓN DE XOÁN CURIEL

O martes 8 de novembro veu ao noso centro Xoán Curiel co seu espectáculo “Estamos no verán”. 
Aquí podedes ver algunhas fotos do ben que o pasamos.





viernes, 4 de noviembre de 2016

CELEBRAMOS O MAGOSTO

No noso colexio, o CPI Virxe da Cela, continuamos a recuperar as nosas tradicións e o noso patrimonio inmaterial e así o  venres 28 de outubro, de 14:45 a 16:25. quixemos dedicar unha xornada para a celebración do Magosto. Amenizamos a tarde con unha morea de xogos populares cos que os máis pequenos, e non tan pequenos, gozaron deste tempo lúdico.  Logo repartíronse os premios da decoración das portas do Samaín e culminamos a xornada degustando un quentiño chiculate con churros e, como non, as tradicionais castañas asadas que repartiron os pais e nais da ANPA. Unha xornada estupenda marcada polo bo tempo, que nos acompañou toda a tardiña. 
A continuación tedes unha mostra fotográfica desta xornada.

Xogos








Entrega de premios




Que bo estaba o chocolate con churros


E, como non,  as castañas asadas que preparou a ANPA