Mostrando entradas con la etiqueta Olloboi 2018. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Olloboi 2018. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de abril de 2018

OLLOBOI 2018



Xa temos programa para o Olloboi 2018. O Encontro transcorrerá ó longo do venres 11 de maio.

 • Pola mañá desenvolverase a Muchachada Matiné: roteiro socioaudiovisual por Boiro onde grupos de rapaces/as crearedes micropezas xunto a cineastas, co soporte da A.C. Unión de Muchachas. A inscrición na actividade está aberta a alumnado de toda Galicia, é de balde, e suporá traballar en pequenos grupos coa presencia dun profe acompañante. Os cineastas cómplices deste ano son: Sandra Sánchez, directora de Tralas Luces; Alfonso Zarauza, director de Encallados; María Yáñez e Sonia Méndez, do Carballo Interplay; Miguel de Lira, actor e guionista de Crebinsky; Andrés Goteira e Suso López, de Dhogs. Se hai moitas inscricións, incorporaranse cómplices ;) 

• Pola tarde realizarase un CineForum no que as directoras do festival Carballo Interplay nos achegarán o mundo das series web e youtubers; a continuación, Sabela Hermida e Fede Pérez presentarán a gala de entrega de premios. Como o ano pasado, remataremos o festival cunha pequena festa-foliada e logo un concerto na Pousada das Ánimas (Sabela King and the Heartbreakers). 


lunes, 5 de febrero de 2018

FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI

Ábrese o prazo para participar en Olloboi! Desde hoxe e ata o 30 de abril alumnado e profesorado pode inscribir as súas curtas escolares en Olloboi.com. Estreamos páxina web e nela atópase, ademais do formulario e bases desta edición, as curtas gañadoras de cursos pasados e interesantes recursos para elaborar unha peza (actividades e charlas con profesionais en Aprendo con Olloboi, das que avanzamos unha pequena píldora co Olloconsello de Miguel de Lira). Hai recoñecemento á mellor curta de Infantil e Primaria (categoría Peque), e á mellor de Ensino Superior (Plus18). Ademais, o noso Xurado outorgará premios á mellor montaxe, interpretación, fotografía, guión, son e arte. A entrega de premios terá lugar o venres 11 de maio dentro dos actos do Encontro Olloboi. Inscríbete xa na nosa web! Enviaremos máis información sobre o Encontro en vindeiras comunicacións. Así que... a divertirse, crear e compartir!