Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía Regueiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía Regueiro. Mostrar todas las entradas

sábado, 12 de junio de 2021

MULLERES DE VANGARDA

Mulleres de Vangarda é o título dun proxecto realizado polo alumnado de 4º da ESO na materia de Historia. Tal como explica Rosalía Regueiro, docente que coordinou o proxecto: Este curso decatámonos que o programa de Historia da Arte tiña unha carencia moi importante: a muller non estaba presente. Así que decidimos poñer remedio e investigar sobre mulleres artistas. Como a maioría pertencían ao Expresionismo, semellou un bo título para a nosa exposición "Muller de Vangarda". Así, xogamos coas palabras: máis aló do período investigamos mulleres pioneiras e que tomaron a dianteira nun mundo maioritariamente masculinizado. O traballo comezou a principios do terceiro trimestre. Cada quen escolleu a imaxe que máis lle interesou entre as que proporcionou a profe. Detrás, había un nome sobre o que investigar. A primeira toma de contacto fixémola na Biblioteca: había que poñer o cerebro a traballar buscando na bibliografía para elaborar unha pequena biografía. Deste xeito, tamén practicamos a localización de fondos na biblio e como buscar información. A biografía ampliámola a través dun glosario na Aula Virtual ao que acceder co código QR. Desde a aula de informática seleccionamos as imaxes necesarias que logo engadimos aos paneis que agora podedes ver no corredor do centro.