jueves, 16 de diciembre de 2021

miércoles, 15 de diciembre de 2021

PREMIOS I CONCURSO CREANDO LAZOS ENTRE NEN@S E MAIORES. CENTRO DE DÍA XESTAL


 I PREMIO ROI FREIRE


                                         
                                                            1º PREMIO VALERIA GARCÍA

    
2º PREMIO LUCÍA ALLEGUE

3º PREMIO DANIELA DÍAZ


 







RECICLAXE NAS AULAS DE CIENCIAS DE SECUNDARIA

 Os alumnos e alumnas de Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO estiveron a traballar sobre a xestión de residuos.

Como os residuos son un tema que está presenta nas nosas vidas de xeito cotiá, decidiron concienciar ós seus compañeirosde etapa mediante un anuncio publicitario e mediante a elaboración dun xogo e uns marcapáxinas que lles axuden a lembrar que residuos van en cada contenedor segundo a súa cor.



viernes, 26 de noviembre de 2021

O CPIP VIRXE DA CELA E O CPI AS MIRANDAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra hoxe 25 de novembro, o  alumnado dos centros escolares CPI As Mirandas de Ares e CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, realizaron un vídeo para visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a  sociedade en xeral, sobre esta data.

Desde os nosos centros adherímonos pois, a todas aquelas iniciativas que suman esforzos e solucións á erradicación da violencia de xénero, na loita contra os malos tratos e no apoio ás vítimas e as súas familias. Apoiamos ás accións que tratan de concienciar ao tecido social e a todas as actividades educativas baseadas na formación en valores para que a sociedade avance no camiño da igualdade, no benestar común e a convivencia que todas e todos queremos.

viernes, 19 de noviembre de 2021

APP PARA XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS

   Os xogos son unha parte fundamental dese acervo e, se cadra, un dos saberes nos que a transmisión directa aínda é posible. Nunha sociedade tecnolóxica como é a nosa, os xogos físicos, que requiren o exercicio da imaxinación, da axilidade mental e física, ofrécennos unha posibilidade doada de usar, gozar e, xa que logo, de preservar a memoria dos ancestros e facela útil cara ao futuro. 

    Neste sentido, o Consello da Cultura Galega alégrase de colaborar co Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego nun formato tecnolóxico, en web e app, para facilitar esta transmisión tan necesaria. Desde hai décadas, o CCG aposta polas tecnoloxías dixitais como canles para preservar, desenvolver e gañar públicos para a cultura galega. Concibimos esta ferramenta como un apoio para nais, pais e docentes que queren incorporar os ancestrais xogos da nosa cultura ao acervo familiar, para que poidan consultala con facilidade en interior e en exterior, no rural e no urbano. Pero tamén para calquera persoa, de calquera idade, que queira xogar, pois o ser humano xoga durante toda a súa vida. http://xogospopulares.consellodacultura.gal/





ACTUACIÓN DE PACO NOGUEIRAS

 Venres 19 novembro 2021



OBRADODOIRO DE COMPOSTAXE

 Sesións para o profesorado. PFPP. Proxecto de centro. Ruth Varela Mateos

Sesións para o alumnado o pasado martes 16 novembro 2021

viernes, 12 de noviembre de 2021

viernes, 5 de noviembre de 2021

CONCUROS EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

 

Convocatoria do concurso para elaborar a exposición sobre Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2022 A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua de Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado en 2022 no Día das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.

Convocatoria Concurso Letras Galegas 2022 by veracruces on Scribd

jueves, 4 de noviembre de 2021

XOGO DA OCA DO CAMIÑO DE SANTIAGO

O pasado luns 25 e martes 26 de outubro, o alumnado de educación infantil e eduación primaria levou a cabo o Xogo da Oca do Camiño de Santiago, organizado polas especialistas de Relixión Católica, Cristina (EI + EP) e de Educación Física, Ruth (EP). Un xogo tradicional proposto por FANPA Ferrolterra que este ano céntrase nos instrumentos que portan os anciáns do Pórtico da Gloria, previamente explicados polo alumnado de 4º ESO, dirixidos pola súa profesora de Música, Verónica, celebrando deste xeito o seu II festival nos centros escolares. Unha experiencia onde o noso alumano, ademais de gozar, aprendeu deste fermoso Camiño.














CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS

 Os premios do Concurso de Decoración de Portas foron otorgados ás clases de 4º de EP e 1º da ESO.

Porta de 1º ESO

Porta de 4º EP




viernes, 29 de octubre de 2021

PREMIOS CONCURSO DECORACIÓN DE CABAZAS 2021

 


Parabéns a todos os/as participantes no Concurso de Decoración de Cabazas, a verdade é ao xurado resultoulle moi difícil fallar os premios!!
  • Sara Prieto Souto 5⁰ EI Premio á cabaza máis “fashion”
  • Iago Manuel Varela Vázquez, 1º EP,... á cabaza mellor transformada
  • Martín Amenedo Carballeira, 3º EP ...á cabaza ca mellor escenificación
  • Hugo López Pérez, 4º EP... á cabaza máis arrepiante
  • Aroa Martínez Belda, 3º EP … á cabaza máis artística
  • Mario Prieto Souto, 1⁰ EP. … á cabaza máis reivindicativa
  • Brais Díaz Domínguez, 5º EI. ... á cabaza máis elegante
  • Icía Seco Abeal, 3º EP, ... á cabaza máis divertida

PORTAS DE SAMAÍN: ACTIVISTAS "ALDEAS LIBRES DE MACROEÓLICOS"

 Entre as portas decoradas do noso centro con motivo do Concurso de Decoración de Portes (Samaín), descubrimos unha clase de activistas lanzando a súa mensaxe de "Aldeas Libres de Macroeólicos". Os nenos de nenas desta clase de 5º de primaria, acompañados pola súa mestra Carmen Espiñeira,  aproveitaron esta actividade para continuar coa súa loita pola defensa dun rural libre do dominio das grandes empresas. Dentro da súa proposta tiñan incluso pensado levar a cabo unha performance a modo de "manifestación" e o recitado de coplas. 










CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E DO SAMAÍN




Na xornada do venres 29 de outubro de 2021 celebraremos colectivamente no CPI Virxe da Cela o Magosto e o Samaín. Diferentes propostas e actividades terán cabida en distintos espazos do noso centro.

Magosto: degustación de castañas asadas. A última sesión da tarde o alumnado do centro (dividido por grupos e en diferentes quendas) reunirase para comer castañas asadas

Caras de Medo: Exposición de Caras de Medo utilizando obxectos de refugallo (latas de bebida), organizado polo departamento de Plástica e a Biblioteca Castelao

Concurso de Decoración de Portas: As portas premiadas foron as de 4º EP e 1º ESO

Concurso de Decoración de Cabazas: temos expostas diante da Biblioteca Escolar unha multitude de cabazas decoradas, mostra da creatividade e da imaxinación do noso alumnado e familias! O alumnado de infantil visituou coas súas mestras a exposición, e quedaron abraiados con tanto colorido e variedade! Premios: Sara Prieto Souto 5 EI  Premio á cabaza máis “fashion”.   Iago Manuel Varela Vázquez, 1º EP,... á cabaza mellor transformada, Martín Amenedo Carballeira, 3º EP ...á cabaza ca mellor escenificación. Hugo López Pérez, 4º EP... á cabaza máis arrepiante, Aroa Martínez Belda, 3º EP  … á cabaza máis artística. Mario Prieto Souto, 1 EP. … á cabaza máis reivindicativa. Brais Díaz Domínguez, 5º EI. ... á cabaza máis elegante. Icía Seco Abeal, 3º EP, ... á cabaza máis divertida






miércoles, 27 de octubre de 2021

TÍRALLE DA LINGUA 2021

 Queda convocado o XX Concurso de relato oral Tíralle da lingua.

Podedes ver e oír os vídeos e audios dos centros participantes o ano pasado nesta ligazón: Tíralle da lingua 2020

BASES DO CONCURSO



lunes, 25 de octubre de 2021

O UNIVERSO

Os alumnos/as de 6°EP, na materia de Ciencias da naturaleza, realizaron unhas maquetas do universo. Deixaron voar a súa imaxinación e crearon estas marabillosas composicións que nos levan ao mundo que temos alí arriba.

 









CONCURSO DE CABAZAS


 

lunes, 18 de octubre de 2021

OS INSTRUMENTOS DO PÓRTICO DA GLORIA

    O alumnado de música de 4º da ESO impartiu un interesante obradoiro sobre os instrumentos do Pórtico da Gloria ao alumnado de educación primaria (luns 18 outubro 2021). Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto de O Xogo da Oca do Camiño Inglés, no que participará a nosa escola xunto con outros centros escolares da comarca de Ferrolterra. Durante varias sesións o alumnado que cursa a materia optativa de Música en 4º da ESO realizou unha investigación sobre os instrumentos musicais do Pórtico da Gloria e partindo de debuxos e planos tratou de darlle forma a eses instrumentos, utilizando cartón, madeira, corda, etc. 

      Durante algunhas clases de música estivemos deseñando un obradoiro de instrumentos musicais o cal despois realizamos xunto co alumnado de primaria. Antes disto a nosa profesora Veronica explicounos que era o Pórtico da Gloria, que instrumentos aparecían representados, etc… Cando xa repartimos o traballo entre os alumnos/as que cursamos a materia de música en 4º da ESO (quen iba falar sobre cada instrumento, quen iba a presentar...) comenzamos a escribir nun papel en sucio as características de cada instrumento e fixemos un debuxo. Despois disto fixemos unhas maquetas dos instrumentos en cartón. Na última clase antes de realizar o obradoiro estivemos practicando a exposición de cada un dos instrumentos como si fora o obradoiro, para despois estar mais seguros ao expoñer. O día da exposición fixemos o obradoiro en dous grupos: primeiro 1º, 2º e 3º de primaria e despois 4º, 5º e 6º de primaria. O primeiro obradoiro creo que nos saliu algo peor que o segundo... no segundo xa tiñamos máis práctica do anterior. Os alumnos/a ao principio case non querían saír de voluntarios a tocar os instrumentos, pero despois querían saír todos!! Adrián Caamaño, 4º ESO.

     Esta tarefa que realizamos na asignatura de música foi unha actividade que consistiu na explicacion dos instrumentos do Pórtico da Gloria e mais o que é o Pórrtico da Gloria. Para esto utilizamos un par de clases e mais algo de tempo na casa (para elaborar uns intrumentos parecidos os orixinais pero de cartón e cordas). Cando empezamos a explicarlles aos nenos estabamos algo nerviosos pero despoi,s co paso do tempo, xa non estabamos tanto. Os 7 instrumentos que lles explicamos os nenos foron : A arpa romanica que é o instrumento máis antigo do Pórtico da Gloria. A súa forma é un triángulo pero non é totalmente recta a madeira e tócase pulsando as cordas que van de lado a lado do instrumentos. Outro foi instrumento foi a arpa salterio, é moi parecida a anterior pero está totalmete recta e tócanse as dúas da mesma maneira.O salterio é un instrumento similar ás arpas, pero a difrencia e que ten caixa de resonancia A fídula oval e a fídula en oito, como tal din os seus nomes, son instrumentos un con forma de oito e outro ovalado. Os dous contan cun mástil do que saen as cordas ata a outra punta do instrumento e calquera dos dous tócanse cun arco que ten unhas cerdas que ao frotarse coas do violín fan o sonido. O laúde é moi parecido ás fídulas. Na punta do mástil conta cunha torcedura cara atrás. É un instrumento de corda e estas tamén lle chegan desde o mástil ata a outra punta do instrumento. E isto mais ou menos foi o que lles presenntamos aos nenos/as. A min pareceume unha actividade moi interesante porque aprenderon tanto os nenos/as coma nós, xa que sempre te quedas con cousas do que lles explicache. Paseino moi ben, menos ao principio, xa que ao faltarnos un compañeiro foi algo que nos puxo dos nervios non saber como iamos a facer! Rubén Rodríguez, 4º ESO