martes, 22 de junio de 2021

ENTREGA DE PREMIOS

Clausuramos o curso 2020-2021 coa entrega de premios e diplomas diversos no pavillón polideportivo, en agradecemento á implicación e participación do alumnado nas actividades de centro. Por unha banda os premios aos gañadores do II Concurso de Microrrelatos, e os diplomas e agasallos de participación ao alumnado do Programa TEI (Titoría entre Iguais). Agora a disfrutar dunhas merecidas vacacións e ata o próximo curso!!




lunes, 21 de junio de 2021

A VOZ DO XESTAL FORMATO PAPEL/DIXITAL

Mañá, martes 22 de xuño de 2021, clausúrase o curso escolar 2020-2021. Aproveitando esta ocasión especial repartirase a revista escolar "A Voz do Xestal" en formato papel, un exemplar para cada membro da comunidade educativa. Igualmente poderedes visualizar a revista, en formato dixital, nesta entrada do blog. Reiteramos as grazas á profesora Laura Ferro, encargada de maquetar a revista, e a todos aqueles/as que fixéchedes posible este proxecto aportando os vosos textos e noticias. 


A voz do Xestal by veracruces on Scribd

viernes, 18 de junio de 2021

FACENDO ARTE CON OBXECTOS DE REFUGALLO

O venres 18 xuño 2021 contamos no noso centro coa visita de Francisco Martínez, coñecido betanceiro apodado como "Pin". Dúas nenas de 5 de educación primaria fixéronlle na Aula Ferraganchos unha interesante entrevista radiofónica que próximamente será editada por RTVEnxebre e a compartiremos con todos vós a en formato audiovisual. Esta entrevista xirou en torno á elaboración de preciosas obras artísticas como maquetas de pobos costeiros ou figuras de peixes partindo de obxectos de refugallo atopados nas praias (trozos de madeira, cordas, cravos, plásticos). Grazas, "Pin", por sensibilizarnos no coidado do medioambiente!  









jueves, 17 de junio de 2021

EMPRENDENDO CO PROGRAMA ATRÉVETE (GRAN PRIX FINANCIEIRO)

 Neste curso o alumnado participou no programa Atrévete e no programa Grand Prix Financiero  (cursos 4º, 5º e 6º da Ed. Primaria. Con eles aprendemos que o emprendemento capacita á persoa paras proporse obxectivos viables e a actuar de forma efectiva para acadalos. Tamén, sendo quen de identificar recursos e potencialidades e de xestionalos de forma adecuada. Para experimentar e ver como na realidade son valores imprescindibles na persoa e parte dunha formación integral visitamos as instalación do CIFP Someso e mantivemos unha reunión por video conferencia coa asociación de empresarios do polígono de Sabón, comprobando de primeira man as múltiples vías formativas as que podemos optar.Tamén, realizando un taller de consumo responsable (O gran xogo da Oca) vendo  o importante que é a xestión económica dos cartos, diferenciando entre o necesario e o desexado, e que non sempre podemos ter o que queremos. 






miércoles, 16 de junio de 2021

COÑECENDO A CONTORNA CON SEEK DE iNATURALIST

Coa aplicación Seek' de  iNaturalist o alumnado de educación primaria aprendeu con Johan Palma, auxiliar de conversa, como  identificar en tempo  real  calquera ser vivo en tempo real. Esta app está deseñada pola Academia de Ciencias de  California e a  National  Geographic  Society. Con ela, ademais de adquirir aprendizaxe fomentamos a curiosidade e a vinculación identitaria co medio natural. Partimos da identificación de especies (en láminas e no centro), para despois propoñer retos nas procuras e amosando as posibilidades que ofrece para a recollida de información para a base de datos da biodiversidade global de iNaturalist, axudando as persoas científicas a identificar a saúde do planeta.


RADIO XESTEIRA

Radio Xesteira é o novo canle de difusión de produtos rafiofónicos de RTV Enxebre (un proxecto de Ayuda en Acción, co apoio de Fundación La Caixa e Fundación Repsol), desenvolvido por Laboratorio de Radio no CPIP Virxe da Cela.Podedes visitar os diferentes podcast en ivoox:

https://www.ivoox.com/podcast-radio-xesteira-a-radio-do-cpi-virxe-da_sq_f11267344_1.html 

A continuación difundimos os últimos traballos realizados polo alumnado de EP:  

Todo sobre as vacas. O alumnado de 2º de Primaria tráenos un programa sobre un ser que habita con gran parte do lugar: as vacas. Como son? Que comen? Que tipos hai? Todas estas preguntas e algunha máis respondida polo alumnado e tamén polo director de Boaga (Federación de Razas Autóctonas de Galicia, José Ramón Justo).

 
 
O xogo das aves das Fragas do Eume. O alumnado de 1º de Primaria do CPI Virxe da Cela creou este xogo para coñecer aos paxaros que se poden ver nun dos espazos máis fermosos da zona: as Fragas do Eume. Xoga con eles e adiviña, a través dos seus sons, as aves que soan.

 

O podcast do Camiño_Episodio 0. O alumnado de 4º de Primaria do CPI Virxe da Cela e a súa titora, Carmen Espiñeira, teñen un obxectivo: facer do Camiño Santiago un xogo da oca. Preguntas, recomendacións, lendas...e moito máis nesta aventura que presentamos. O vindeiro curso chegarán os seguintes episodios/etapas deste Camiño tan especial.

  

Os dereitos da cidadanía. Tódalas persoas teñen os mesmos dereitos? E, antes desa pregunta, cales son eses dereitos? O alumnado de 3º de Primaria do CPI Virxe da Cela reflexiona e enuncia todos os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
 
 

Entrevista a Mario Cotelo, experto en arte e párroco. A radio do CPI Virxe da Cela conversou cun convidado moi especial.Experto en arte e cura de varias parroquias e responsable de patrimonio da Diócese de Santiago. El é Mario Cotelo. Escoita esta interesante entrevista do alumnado de 4º de Primaria.

CLUBE DE CIENCIAS: REACCIÓNS QUÍMICAS NO CURSO DE 2º ESO.

O alumnado de 2º de Física e química realizou neste curso diversas reacción químicas, comprobando as reaccións ácido base así como as reaccións exotérmicas (desprenden calor) e endotérmicas (absorben calor). A continuación poñemos algunhas imaxes do alumnado realizando ditas prácticas

















GAÑADORES/RAS DO II CONCURSO DE MICRORRELATOS

 

Damos a coñecer aos gañadores/as do II Concurso de Microrrelatos 2021, certame organizado pola Biblioteca Castelao en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega. A entrega de premios terá lugar o vindeiro martes 22 de xuño de 2021. Categoría A: 1º Premio: Nuno González Pérez, de 5º de EP, polo seu microrrelato titulado: “O desconfiado” Accésit: Iria Lence Porca, 1º ESO, polo seu microrrelato titulado: “Non hai colexio” Categoría B: 1º Premio: Cristina Vázquez Pérez, 4º ESO, polo seu microrrelato titulado: “Quédate” Accésit: Ariadna Díaz Tondo, 4º de ESO, polo seu microrrelato titulado: “Pintores” Publicamos a continuación os microrrelatos gañadores:

II Concurso Microrrelatos 2021 by veracruces on Scribd

CLUB DE CIENCIAS: ECOSISTEMAS (4º ESO)

 Alumnado de 4º da ESO estableceron varios proxectos de desenvolvemento de diversos ecosistemas no centro. Os ecosistemas que recrearon foros 2 espazos de charca húmida nos acuaterrarios situados nas entradas do centro (primaria e secundaria). Nestes acuaterrarios introduciron especies de anfibios recollidos no inverno en fase de cágado en charcos de chuvia e que foron criados en cautividade. Os individuos agora adultos serán devoltos a un espazo natural ao final do curso axudando así a recuperación desta especies tan valiosas para o control de moitas plagas como caracois, insectos...


Recreación dun ecosistema de charca


Sapo común (Bufo bufo)



Píntega (salamandra salamandra) noutro dos acuaterrarios. 

Ademáis sobre o estanca xa feito por compañeiros en anos anteriores se fixero traballos de acondicionamento. Neste espazo existen 2 estancas un para carpas e outro para anfibios , onde xa habitan de forma permanente sapos corredores (Discoglossus galganoi) e ra ibérica (Rana iberica). Aparecendo todos os anos postas de ovos de ambas especies, e desenvolvéndose centos de cágados. Estas especies moi terrestres posteriormente abandonan a charca volvendo en inverno para reproducirse.



Fotos do sapo corredor (Diuscoglossus galganoi) que habita no noso estanque 




Alumnado de 4º facendo tarefas de acondicionamento e plantación no estanque



sábado, 12 de junio de 2021

XOGO DA OCA DO CAMIÑO

. A clase de 4º de primaria, buscando algunha maneira de traballar a ortografía dun xeito lúdico, atopou xunto coa súa mestra Carmen Espiñeira unha proposta de xogo ortográfico tomando como base un taboleiro da oca. Ao buscar taboleiros decidíronse por un que relacionaba o Camiño de Santiago co xogo da Oca e aí comezou a andaina: “fixemos un taboleiro da Oca, elaboramos preguntas de todas as materias para ir resolvendo e avanzando no camiño… Investigamos os lugares por onde pasaba o Camiño Francés… atopámonos con que o Xogo da Oca fora usado polos monxes templarios coma un mapa do Camiño. Así todos os venres abdicabámolos no horario que tiñan coa titora a “xogar”. Foi unha actividade moi interesante principalmente porque elevou o nivel de compromiso do alumnado coas diferentes materias e que deixou moitas portas abertas de cara ao ano que ven, que estaría máis centrado no propio Camiño de Santiago aproveitando que tamén seguirá considerándose Ano Santo.


MULLERES DE VANGARDA

Mulleres de Vangarda é o título dun proxecto realizado polo alumnado de 4º da ESO na materia de Historia. Tal como explica Rosalía Regueiro, docente que coordinou o proxecto: Este curso decatámonos que o programa de Historia da Arte tiña unha carencia moi importante: a muller non estaba presente. Así que decidimos poñer remedio e investigar sobre mulleres artistas. Como a maioría pertencían ao Expresionismo, semellou un bo título para a nosa exposición "Muller de Vangarda". Así, xogamos coas palabras: máis aló do período investigamos mulleres pioneiras e que tomaron a dianteira nun mundo maioritariamente masculinizado. O traballo comezou a principios do terceiro trimestre. Cada quen escolleu a imaxe que máis lle interesou entre as que proporcionou a profe. Detrás, había un nome sobre o que investigar. A primeira toma de contacto fixémola na Biblioteca: había que poñer o cerebro a traballar buscando na bibliografía para elaborar unha pequena biografía. Deste xeito, tamén practicamos a localización de fondos na biblio e como buscar información. A biografía ampliámola a través dun glosario na Aula Virtual ao que acceder co código QR. Desde a aula de informática seleccionamos as imaxes necesarias que logo engadimos aos paneis que agora podedes ver no corredor do centro.










A VOZ DO XESTAL

 Está a piques de saír do forno unha nova edición da revista escolar A Voz do Xestal. A profesora Laura Ferro coordinou o traballo do grupo de alumnos/as xornalistas, facéndose reunións para a elaboración de contidos e tamén un concurso entre o alumnado da ESO para escoller a portada da revista “A Voz do Xestal”, que terá formato dixital e tamén se realizará a impresión da mesma en papel, para repartir os exemplares entre a comunidade educativa a final de curso. Entre as publicacións atópanse crónicas de excursións, entrevistas, artigos de opinión ou mesmo traballos dos propios rapaces e rapazas. Este proxecto ten o obxectivo de promover a escritura e a colaboración entre o alumnado facéndoo partícipe dun proxecto global no que por suposto poden participar todas as etapas escolares do colexio.



miércoles, 9 de junio de 2021

RETRATOS CON LIBRO

Un ano máis a comunidade educativa sumouse á iniciativa lanzada pola Biblioteca Castaelao de facerse un "retrato con libro".  Esta actividade serve para fomentar a lectura e conmemorar doblemente o Día do Libro (23 de abril) e o Día das Letras Galegas (17 de maio)

 


martes, 8 de junio de 2021

EXCURSIÓN A ARES

Hoxe o tempo acompañounos na excursión que realizamos a Ares cos alumnos/as da ESO. Gozamos dos deportes náuticos e da ruta de sendeirismo e orientación por un marco incomparable. E rematamos, co día tan bo que tivemos, comendo no parque Rosalía e refrescándonos na praia. 

Sen dúbida, unha xornada estupenda!!

OBRADOIRO EMERXENCIA CLIMÁTICA

O martes 8 xuño 2021, os rapaces/zas de 5º e 6º EP O asistiron a unha charla incluída dentro do programa “Para unha Transición Ecolóxica”, desenvolvido por CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) co apoio da Deputación da Coruña que tiña como obxectivo sensibilizar ao noso alumnado sobre o futuro que nos agarda de non combater a emerxencia climática.


martes, 1 de junio de 2021

XOGANDO COA ODISEA

A Odisea escribiuse fai máis de 2000 anos e hoxe en día, ao igual que outros elementos da cultura clásica, seguen vivos e moi presentes nas nosas vidas, aínda que vos pareza incrible.  Os meus compañeiros e eu fixemos uns xogos sobre a Odisea na optativa de Cultura Clásica.  Fixemos  tres grupos e cada un  elixiu como levalo a cabo:  facelo no ordenador nun taboleiro e incluso nunha cartolina… Fíxenlles unha entrevista aos meus compañeiros e profesora, e isto foi o que me contaron. Andrea Rivera Andrade (3º ESO).





a odisea by veracruces on Scribd