sábado, 27 de octubre de 2012

RECOMPILACIÓN DE ACTIVIDADES LIM SOBRE O SAMAIN, O OUTONO E O MAGOSTO


A Secretaría Xeral de Política Lingüística infórmanos de que están á disposición dos centros educativos e equipos de dinamización da lingua galega novos recursos.

Se premedes na seguinte imaxe atoparedes materiais e recursos para traballar as diferentes festividades outonais.

lunes, 22 de octubre de 2012

OBRADOIRO DE CREATIVIDADE

O pasado venres día 19 de outubro de 2012, todo o alumnado da ESO participou dun interesante obradoiro de creatividade ofertado ao centro polo concello de Monfero. Baseado na cultura hip-hop, este obradoiro ofrecía diferentes ferramentas para fomentar a creatividade dos rapaces e rapazas, tanto a través da palabra, da imaxe, do son ou do movemento. Esta actividade incluiu un mini concerto didáctico, sucedéndose varios temas musicais e intercalando explicacións da cultura HIP-HOP. Posteriormente os rapaces e rapazas redactaron versos para construír o texto que daría lugar a un tema interpretado en estilo RAP. Tamén tiveron a oportunidade de expresar mensaxes a través da elaboración dun GRAFFITI colectivo. O broche final foi unha exhibición de baile BREAK-DANCE. Parabéns para os dous alumnos de 4º da ESO que tomaron parte desta actuación, amosando a súa arte nos movementos e as súas capacidades físicas na execución de acrobacias. 


miércoles, 10 de octubre de 2012

PROXECTO RÍOS EN MONFERO


Penduramos as fotografías do alumnado de 1º da ESO, que acompañados por Paco Bañobre, da asociación Ecoloxista ADEGA, inspeccionaron un pequeno tramo do río Lambre. Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto Ríos. Antonio González López, xornalista de Xesteira, fai unha crónica da xornada.