miércoles, 31 de octubre de 2018

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Xornada festiva no CPI Plurilingüe Virxe da Cela para celebrar o Samaín. En horario de tarde todo o alumnado e profesorado do centro reuniuse no patio cuberto para participar nunha gymkana de xogos tradicionáis nos que as castañas e as cabazas foron elementos recurrentes. Non faltaron disfraces para ambientar a celebración, e aproveitamos tamén esta ocasión para entregar os diplomas do concurso de "Decoración de portas Samaín", e incluso o alumnado de 3º e 4º da ESO organizou un pequeno punto de venda de doces e pastéis para recadar cartos para a excursión de fin de curso. 

















martes, 30 de octubre de 2018

CHEGA O SAMAÍN AO NOSO COLE


Cando se achega o final do mes de outubro, o Samaín comeza a estar presente… Esta festividade que agora rememoramos, ten a súa orixe nas celebracións que o pobo celta vivía durante días para dar remate á tempada das colleitas e dar tamén comezo a un novo ano. Os antigos celtas dividían o ano en dúas metades: unha luminosa, de fartanza, calor e verán , e outra  escura, de escaseza, frío e inverno. No medio das dúas quedaba a noite de Samaín, unha noite máxica na que os espíritos malignos quedaban ceibes e os defuntos visitaban as casas. Nesas celebracións, a través de druídas, contactaban cos ancestros e estes viñan visitar aos vivos…e para guialos colocaban caveiras acendidas nos seus fogares; de aí que agora se conmemore decorando cabazas.

Coa chegada dos romanos e máis tarde do cristianismo a noite converteuse na de Todos os Santos, aínda que pola costa atlántica de Europa pervivíu  a costume de lembrarse dos mortos e a crenza de que as meigas elixían o 31 de outubro para realizar os seus aquelarres.
En Irlanda, as vellas tradicións conserváronse durante toda a Idade Media, e foron os inmigrantes irlandeses os que levaron as vellas costumes aos Estados Unidos. Foi así como esta festa de orixe celta converteuse en Halloween.

 E no noso cole andamos entre cabazas, pantasmas e portas terroríficas celebrando o samaín.





 Invitámosvos a  visitar o recantiño de lecturas de terror onde encontraredes un montón de libros de medo… medo????, quen dixo medo???. Atrévete a descubrilos!!! 

             

jueves, 25 de octubre de 2018

MISIÓN FUTURO

     A Fundación Mapfre invitou ao noso centro escolar a participar na campaña “Misión futuro”, campaña que ten como obxectivos sensibilizar ao alumnado sobre a importancia do aforro e a previsión de futuro como medida de protección fronte aos riscos que poidan xurdir e proporcionar ferramentas para converterse en cidadáns autónomos e informados. Participou todo o alumnado da ESO, o mércores 24 de outubro de 2018, da man de Verónica de Ciencia Divertida, empregando materiais multimedia e Realidade Aumentada para a realización das distintas actividades, todas elas interactivas.






jueves, 18 de octubre de 2018

O NOSO COLE, O VIRXE DA CELA, NO ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA RAG


O martes 16 de outubro de 2018 ás  11:00 horas  alumn@s e profes do noso cole, o Virxe da Cela, asistiron no salón de actos da Real Academia Galega á entrega de premios  Contádenos o voso Día das Letras. Dito galardón, creado pola RAG, ten como  obxectivo coñecer e difundir cómo celebraron o Día das Letras Galegas os centros encargados da educación do alumnado de menor idade, ao abeiro da Primavera das Letras. Este proxecto web da RAG fornece desde 2016 a comunidade escolar de contidos lúdicos e didácticos arredor da figura protagonista do 17 maio desde unha perspectiva interdisciplinaria.
No acto estiveron presentes os tres centros gañadores:
CPI P Virxe da Cela (Monfero)
EEI do Milladoiro ( Ames)
CEIP Anxo da Garda  (A Coruña)
Así mesmo presidiron a xornada Victor Freixanes (presidente da Academia Galega), Francisco Castro (director xeral da Editorial Galaxia), a escritora Fina Casalderrey, Teresa Rocamonde, (responsable de comunicación de Bolanda), Andrea Jamardo (responsable de Urco Editora) e Pedro Ferriol (viúvo da escritora María Victoria Moreno).
 O noso centro apostou pola linguaxe radiofónica. O alumnado de primeiro e segundo gravou un conto inspirado en personaxes das obras de María Victoria Moreno. Pola súa banda o alumnado de 4º de EP realizou un programa dedicado á autora con entrevistas a Eli Ríos, Monste Pena, Francisco Castro, Fran Alonso e Andrea Jamardo, dentro do noso programa de  Radio escolar tan ben levado por Sergio Pascual y Lucía Abarrategui e financiado por Ayuda en Acción e a Fundación Repsol.
Ademais, a xornada tivo un remate  moi especial xa que compartimos co CEIP Anxo da Garda unha xornada de convivencia e xogos no centro coruñes. Ámbolos dous centros levamos tres anos colaborando para achegar realidades culturais e sociais diferentes, pero ao mesmo tempo enriquecedoras, tomando como nexo de unión o apego pola identidade cultural e a revalorización do medio natural como punto de partida para o deseño de actividades compartidas.

Parabéns a tod@s polo voso traballo!!!!!

Aquí deixamos varios videos do acto

             

            

jueves, 11 de octubre de 2018

COÑECES A ALGUÉN?? EXALUMNOS DO CPI VIRXE DA CELA


DOMINGO FONTÁN E A CARTA XEOMÉTRICA DE GALICIA

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega de Ciencias, acaba de presentar unha unidade didáctica sobre Domingo Fontán. Será moi útil para dar a coñecer a figura deste matemático e científico galego e comprender a importancia da súa obra, na que destaca a Carta Xeométrica de Galicia. 

ANTÓN FRAGUAS

Tedes á vosa disposición unha unidade didáctica dirixida ao alumnado de educación primaria que ten como finalidade divulgar a figura de Antón Fraguas Fraguas, o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2019.

PUNTO DE INFORMACIÓN XUVENIL CONCELLO DE MONFERO

Rapaces e rapazas. Tedes á vosa disposición o PIX (Punto de Información Xuvenil) do Concello de Monfero, situado na Casa do Concello (Rebordelo). O enderezo en instagram é @xuventudemonfero

 

miércoles, 10 de octubre de 2018

ACTUACIÓN DE XOAN CURIEL


Unha vez máis tivemos a sorte de contar con Xoan Curiel no noso cole. Nesta ocasión achegounos o seu espectáculo “A casa do terror” na que xunto con dúas compañeiras se ve obrigado a durmir nunha casa encantada na que se atopan con personaxes coma o monstro da lavadora, ratatiburóns, gativampiros ou as pulgas zombis. Foi un espectáculo moi participativo no que algún do noso alumnado acabou convertido en esqueleto e outros tiveron a sorte de probar unha receita “terrorífica”.






viernes, 5 de octubre de 2018

IX DÍA DA CIENCIA EN GALEGO: A CULTURA CIENTÍFICA E A CULTURA GALEGA

O título da temática deste ano no Día da Ciencia en Galego vai ser A cultura científica e a cultura galega como patrimonio cultural europeo. A UE declarou o ano 2018 como o Ano do Patrimonio Cultural Europeo e nos os celebramos así.