Unha
vez máis tivemos a sorte de contar con Xoan Curiel no noso cole. Nesta ocasión achegounos
o seu espectáculo “A casa do terror” na que xunto con dúas compañeiras se ve
obrigado a durmir nunha casa encantada na que se atopan con personaxes coma o
monstro da lavadora, ratatiburóns, gativampiros ou as pulgas zombis. Foi un
espectáculo moi participativo no que algún do noso alumnado acabou convertido en
esqueleto e outros tiveron a sorte de probar unha receita “terrorífica”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario