lunes, 29 de junio de 2020

Programación e robótica: aprender a pensar, aprender a crear

Na actualidade un dos piares dos retos educativos actuais, que son apoiados por moitas investigacións e prácticas educativas, é a innovación. 
Dita innovación se debe asentar nas potencialidades e necesidades contextuais para que esta supoña un verdadeiro cambio na realidade educativa. 
De aquí parte o conxunto de actuacións que aquí presentamos, dentro do programa Introdución á robótica en Ed. Primaria e que queren ser nexo de unión entre realidade, inclusión e equidade para acadar procesos educativos de calidade que sexan quen de satisfacer as necesidades e demandas dun contexto educativo concreto. 
A través das mesmas, o alumnado coñece a súa realidade e é quen de intervir na mesma con capacidade de transformación e empregando para elo os recursos propios de medio e os que lles proporcionan as tecnoloxías da información e da comunicación. 
Estas últimas, ademais permiten que adquiran unha perspectiva global de mellora social. Empregalas para o aprendizaxe e o coñecemento supón crear coñecemento, pero tamén contar con capacidade para difundilo e para darlle valor. 
Todo isto dende a responsabilidade e a reflexión crítica do que podemos ser e o que queremos ser. Valores e competencias que axudan a crear comunidade. 

























miércoles, 17 de junio de 2020

A VOZ DO XESTAL


Acabadiño de saír do forno, presentámosvos... o novo xornal do CPIP Virxe da Cela, "A Voz do Xestal". A pesares da situación actual (suspensión de clases COVID-19), grazas especialmente ao empeño de Laura Ferro (coordinadora do proxecto), e por suposto co traballo previo realizado por  docentes e alumnos/as, este xornal en lingua galega saíu adiante para deixar constancia dalgunhas das actividades que se levaron a cabo no presente curso no noso centro educativo.





A voz do xestal from satelite1

jueves, 11 de junio de 2020

CARVALHO CALERO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Para celebrar o día das letras galegas decidimos traballar co conto “As pitas baixo a choiva”. Primeiro coñecemos un pouco máis do autor eloxiado. E logo coñecemos máis sobre as pitas e o seu ciclo de vida. E para rematar, Dani, o profe que estivo de prácticas no cole o ano pasado fixo unha colaboración con nós: o video “Xogamos coas Letras Galegas”. Desta iniciativa saíu un tendal de palabras en galego.




XOGAMOS COAS LETRAS GALEGAS

Proposta realizada por Daniel Vidal (mestre en prácticas no CPIP Virxe da Cela durante o curso 2018-2019) para conmemorar o Día das Letras Galegas.


 

sábado, 6 de junio de 2020

II ENCONTRO DAS FAMILIAS EN EDUACIÓN FÍSICA

Deixámovos este divertido vídeo realizado pola mestra de EF Ruth Varela coa colaboración do alumnado e familias con motivo da celebración do II Encontro das Familias en Educación Física (este ano tivo que ser de maneira telemática). 

PEQUENOS OLLOS, GRANDES OBRAS

O alumnado do CPI Virxe da Cela realiza un particular percorrido polas obras de diferentes mulleres artistas. Unha forma de mergullarse na arte e de debatir sobre diferentes obras, aportando a súa opinión e concienciando sobre a existencia de mulleres artistas. "Pequenos Ollos, Grandes Obras" pretende ser unha canle para achegar a arte e todas as súas implicacións á xente máis cativa. 👩‍🎨 Neste paseo audiovisual desfrutaremos de: 'Concorde' de Maruxa Mallo 'Ubi Girl from Tai Region' de Löis Mailou 'Sen título' de Lee Krasner 'Hacia acuario' de Remedios Varo. Unha produción do CPI Virxe da Cela coa colaboración do Laboratorio de Radio e o apoio de Ayuda en Acción e Fundación La Caixa. Que grandes os peques! E que gran traballo o de Sergio e Lucía!


RADIO NO CPI VIRXE DA CELA

Un ano máis o alumnado do CPI Virxe da Cela realizou os obradoiros do "Laboratorio Radiofónico" impartidos por Lucía Abarrategui e Sergio Pascual. 


Conto pola Paz: Celebramos a paz. Celebramos o día. A paz está nas pequenas cousas, non só nas grandes. A paz non é o contrario da guerra, tamén son lugares do cotián. Tamén somos nós. Tamén facemos a paz. Este conto é dunha alumnado de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela, mais os sons veñen de 1º de primaria e a locución foi feita por 3º de primaria. Música Audionautix CC.
 

Terra, un poema de primaria: 1º de primaria. Palabras mesturadas. Creatividade e sonido. Velaí o resultado. Un podcast chamado terra, un poema con musicalidade. Coa música CCbynoncomercial de Chad_Crouch_-_Algorithms en freearchivemusic. 





Entrevista con Domingo Presas: Na radio do CPI Virxe da Cela, estamos a traballar sobre a discapacidade. Por iso, consideramos importante falar con aquelas asociacións que traballan a prol dos dereitos destas persoas. Por iso, convidamos a Domingo Presas. A música é de Audionautix, a voz, do alumnado de 4º de primaria.
   
Dicionario galego "besbellos": Na radio do CPI Virxe da Cela, creamos un dicionario sonoro de termos que aínda non coñecemos. A nosa primeira palabra é besbello, o alumnado pensa que significa unha cousa e, na realidade, significa o que ides escoitar. Besbellos, escoitade! A música é de Audionautix. 


A miña bisa no cole: Julia é a bisavoa de Iria, alumna de 5º de Primaria. Ela ten moitos anos de experiencia e moitas historias que compartir, por iso Iria conseguiu que a súa bisavoa viñera ao cole a contalas. O formato escollido foi unha conversa radiofónica na que o alumnado preparou unha serie de preguntas e curiosidades para coñecer unha desas historias: o entroido de Ambroa, unha parroquia de Monfero. Ademais, Carmen, a titora do grupo, participou como unha alumna máis na gravación do podcast xa que tamén é veciña da parroquia de Julia. Un proxecto de Laboratorio de Radio co apoio de Ayuda en Acción, Fundación Repsol e Fundación La Caixa 

viernes, 5 de junio de 2020

5 XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

Hoxé Día Mundial do Medioambiente queremos visibilizar a natureza das nosas parroquias, do medio rural, e das súas xentes a través destes vídeos realizados polos nenos e nenas do Xestal, proposta realizada por D. Luís Rodríguez Patiño, Coordinador do programa UNED Sénior no centro asociado de A Coruña e  sacerdote na parroquia de Xestoso. Neles amosan a vida nas súas aldeas, paraísos naturais que temos ao noso carón e que debemos valorar e coidar.
Parabéns pola iniciativa.